Saltar ao contido

Arrinera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arrinera Automotive S.A.
Fundación1 de setembro de 2008
LocalizaciónVarsovia, Polonia
FundadorŁukasz Tomkiewicz
IndustriaAutomóbil
Na rede
http://www.arrinera.com
Facebook: arrinera.automotive Twitter: arrinera Instagram: arrineraracing LinkedIn: arrinera Youtube: UCCjhtrFSFUcmcxh3FfDCIWA Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Arrinera Automotive S.A., é un fabricante polaco de automóbiles con sede en Varsovia.

A compañía fundouse en 2008 polos irmáns Łukasz e Marek Tomkiewicz. En 2011 presentaron o seu primeiro coche de proba de concepto, utilizando un deseño de tracción traseira con motor central. O seu segundo prototipo presentouse en 2012, inicialmente chamado Venocara,[1] despois renomeado como Hussarya.

Arrinera desenvolveu unha variante de carreiras do coche coas especificacións de carreiras GT3, o Hussarya GT. Presentouse por primeira vez no salón do automóbil Autosport International en Birmingham, Reino Unido, en xaneiro de 2016. En xuño do mesmo ano, o Hussarya GT, que funcionaba na clase de superdeportivos, converteuse no primeiro coche polaco en participa no Goodwood Festival of Speed.

Hussarya GT

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Arrinera Hussarya.
Arrinera Hussarya no Salón do Automóbil de Poznań 2015

O Arrinera Hussarya GT é un coche de carreiras que cumpre as normas FIA GT3. Funciona cun motor V8 baseado no General Motors LS7, como o que se usa no Chevrolet Corvette, empurrando 500 CV. cunha caixa de cambios de carreiras secuencial de seis velocidades operada por levas de cambio. Posúe un chasis modular de marco de aceiro, suspensión de varilla, discos de freo de 380 mm, ABS e control de tracción.

A carrozaría do coche deseñada por Pavlo Burkatskyy con aerodinámica de Janusz Piechna da Universidade de Tecnoloxía de Varsovia, e a mecánica deseñada por Krzysztof Stelmaszczuk. Está construído en Cambridgeshire.

Anthony Reid probou o coche de carreiras en 2016 nos circuítos de Snetterton e Donington Park.[2]

Arrinera inscribiu un Hussarya GT na DMV GT & Touring Car Cup en Hockenheim en abril de 2017. Na primeira das carreiras da fin de semana o coche acabou o 22 de 24 corredores, cun tempo rápido 20 segundos máis lento que o gañador. Na segunda carreira o coche retirouse cun fallo do alternador.[3][4]

En setembro de 2017 o coche participou na rolda de Donington do campionato Britcar, pilotado por Jonny MacGregor. Durante a cualificación, o motor do coche explotou e retirouse do evento.[5]

  1. Garlitos, Kirby (2 de maio de 2012). "2012 Arrinera Venocara Concept". TopSpeed. Consultado o 23 de xullo de 2018. 
  2. "Arrinera returns with track-ready 500 bhp Hussarya GT ahead of 2017 racing debut". Sportscar Racing News. 4 de xaneiro de 2017. Consultado o 23 de xullo de 2018. 
  3. "Arrinera Hussarya GT at Hockenheimring". Arrinera. Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2018. Consultado o 23 de xullo de 2018. 
  4. "Hockenheim 08./09.04.2017". DMV GT und Touring Car Cup. RIMO Verlag GmbH. Consultado o 23 de xullo de 2018. 
  5. Biegus, Jurek (18 de setembro de 2017). "Britcar Mid-Term". GT Report. Consultado o 23 de xullo de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]