Artemidoro de Daldis
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século II Éfeso, Turquía |
Morte | século II |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Período de actividade | (Con vida en: século II ) |
Descrito pola fonte | Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru |
- Para o cartógrafo e xeógrafo grego do s. II a. C., vexa Artemidoro de Éfeso
Artemidoro de Daldis, ou de Éfeso, do que se sabe que viviu no s. II d. C., foi un oniromante grego, un intérprete profesional dos soños con fins científicos e didácticos. Viviu a súa maior parte da vida en Daldis, Lidia, pero resultou ser un viaxeiro incansable chegando a arribar en diversos países coa finalidade de reunir interpretacións e libros de soños.
A interpretación dos soños
[editar | editar a fonte]O máis antigo libro dos soños que se conserva é a súa obra Oneirokritiká ou A interpretación dos soños. Chegaría a reunir máis de 3.000 soños dos que o consultaban, interesándose non só no contido onírico, senón tamén na psicoloxía humana.
Ante tan cuantiosa información, establecerá para elaborar o seu tratado diversas clasificacións, distinguindo entre soños verdadeiros, oráculos, visións, fantasías e aparicións. Do mesmo xeito tamén diferenciará entre soños que predín feitos futuros e aqueles que teñen que ver co presente.
Segundo Artemidoro, a clave para entender o funcionamento e significado dos soños é o simbolismo, anticipándose con iso en certo modo ás teorías psicanalíticas máis contemporáneas.
Os Discursos Sagrados de Elio Aristides, tamén do século II, o Comentario ao Soño de Escipión de Cicerón de Macrobio, a finais ou comezos do século V, e o De Insomnis de Sinesio de Cirene, elaborado tamén a principios do século V, constituirán outras tres obras representantes da arte da oniromancia.
Será a finais do século XIX cando Sigmund Freud, a partir da elaboración da súa obra homónima, retome o estudo dos soños facéndose eco de antigas teorías. Citará a Aristóteles (Sobre a filosofía, Tratados breves de historia natural: Sobre o Sono, Sobre os Soños e Sobre a Adiviñación no Soño), a Cicerón (Sobre a adiviñación) e ao propio Artemidoro, sentando así as bases para a eclosión da psicanálise dezaoito séculos despois.
Obra
[editar | editar a fonte]- O tratado Oneirokritiká ou A interpretación dos soños.
- Diversas obras sobre o augurio e a quiromancia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Artemidoro (1989). La interpretación de los sueños. Intr., trad. y notas de E. Ruiz García. Rev.: C. García Gual. Madrid: Editorial Gredos. ISBN 978-84-249-1393-9.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- No sólo Freud leía los sueños Arquivado 28 de marzo de 2010 en Wayback Machine.