Arteria cubital
Aparencia
A arteria cubital é unha arteria do membro superior humano situada no compartimento anterior do antebrazo. É unha rama da arteria umeral.
Traxecto e relacións
[editar | editar a fonte]A arteria cubital é de maior tamaño cá radial. Abandona o cóbado e sitúase na parte medial do antebrazo, por debaixo do músculo pronador redondo. A continuación sitúase entre o músculo flexor cubital do carpo e o músculo flexor común fondo dos dedos da man. Na zona máis distal do antebrazo adoita estar cuberta polo flexor cubital do carpo. Entra no pulso por fóra do óso pisiforme e por enriba do retináculo flexor do pulso, formando un arco sobre a man. Vasculariza dos dedos III, IV e V máis a metade medial do II.
Ramas da arteria cubital
[editar | editar a fonte]- Arteria recorrente cubital, que dá unha rama anterior e unha posterior.
- Numerosas ramas colaterais que abastecen a músculos veciños.
- Arteria interósea común, que dá lugar a unha rama anterior e outra posterior.
- Dúas pequenas ramas para o carpo: rama dorsal do carpo e rama palmar do carpo.