Articulación carpometacarpal do dedo polgar
Articulación carpometacarpal do dedo polgar | |
---|---|
Ligamentos do pulso, vista posterior | |
Latín | articulationes carpometacarpeæ |
Gray's | pág.328 |
A articulación carpometacarpal é unha articulación do membro superior humano, que artella o carpo co metacarpo. Existen cinco articulacións carpometacarpais en cada man.
A articulación entre o primeiro óso metacarpiano e o óso trapecio é lixeiramente diferente ao resto, para permitir unha meirande mobilidade a este dedo.
Ligamentos
[editar | editar a fonte]As articulacións carpometacarpais están reforzadas por varios ligamentos:
Ligamento cruzado anterior oblicuo
[editar | editar a fonte]É un ligamento groso, forte e extracapsular, que se estende entre o tubérculo maior do óso trapecio e o tubérculo maior do primeiro óso metacarpiano. Ténsase en abdución, extensión e pronación.
Ligamento colateral cubital
[editar | editar a fonte]Orixínase no retináculo flexor do pulso e se insire no tubérculo maior do primeiro óso metacarpiano.
Ligamento intermetacarpal primario
[editar | editar a fonte]Insírese entre as bases do primeiro óso metacarpiano e o segundo óso metacarpiano.
Ligamento oblicuo posterior
[editar | editar a fonte]Insírese no tubérculo do óso trapecio e o primeiro óso metacarpiano.
Ligamento dorsorradial
[editar | editar a fonte]Discorre entre o óso trapecio e o primeiro óso metacarpiano.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.