Saltar ao contido

Artur Bernardes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaArtur Bernardes

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(pt) Artur da Silva Bernardes Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de agosto de 1875 Editar o valor en Wikidata
Viçosa, Brasil (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte23 de marzo de 1955 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
Río de Xaneiro, Brasil Editar o valor en Wikidata
12º Presidente do Brasil
15 de novembro de 1922 – 15 de novembro de 1926
← Epitácio PessoaWashington Luís Pereira de Sousa →
Senador de Minas Gerais (pt) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade Federal de Minas Gerais Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Brasilia Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónavogado, político Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Republicano Mineiro (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeClélia Bernardes (1903–) Editar o valor en Wikidata
FillosArtur Bernardes Filho Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Silva_Bernardes-1

Artur da Silva Bernardes, nado en Viçosa (Minas Xerais) o 8 de agosto de 1875 e finado no Río de Xaneiro o 23 de marzo de 1955, foi un avogado e político brasileiro, o presidente de Minas Xerais de 1918 a 1922 e presidente do Brasil entre 15 de novembro de 1922 e 15 de novembro de 1926. Os seus seguidores eran chamados "Bernardistas".

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Bernardes venceu as eleccións presidenciais de 1 de marzo de 1922, obtendo 466.877 votos contra 317.714 votos emitidos a Nilo Peçanha, nunha elección que dividiu o país: Rio Grande do Sul, Baía, Pernambuco e o Río de Xaneiro apoiaron Nilo Peçanha e os demais estados deron apoio á candidatura Bernardes [1].

Antes da elección, Bernardes tivo que afrontar o rumor das "cartas falsas" atribuídas a el e que denigraban o expresidente Hermes da Fonseca.

O seu vicepresidente foi Estácio Coimbra que substituíu a Urbano Santos, vicepresidente elixido, tamén o 1 de marzo de 1922, e que faleceu o día 7 de maio de 1922, antes de tomar posesión.

O descontento coa vitoria de Bernardes e co goberno do seu antecesor, Epitácio Pessoa, foron algunhas das causas do chamado Levante do Forte de Copacabana, primeira acción do movemento tenentista. Bernardes tivo que facer fronte á Columna Prestes, movemento de tenentes que percorreu o país esixindo cambios políticos e sociais e que xamais foi derrotado polo goberno.

Presidencia

[editar | editar a fonte]

Ademais da oposición por parte de baixa oficialidade militar (animados pola revolución comunista), tamén tivo que afrontar unha guerra civil no Rio Grande do Sul, onde Borxes de Medeiros se elixiu presidente do estado por quinta vez consecutiva, e o movemento obreiro que se fortaleceu de novo. En 1923 e 1924 producíronse novas accións dos tenentes no Rio Grande do Sul e en São Paulo, onde tivo lugar a Revolución de 1924, que levou a Bernardes a bombardear a São Paulo. Todo isto levou a Bernardes a decretar o estado de sitio, que perdurou durante case todo o seu goberno.

Artur Bernardes foi o pioneiro da siderurxia en Minas Gerais e sempre se bateu pola ideoloxía nacionalista e de defensa dos recursos naturais do Brasil.

Baixo o seu goberno, Brasil retirouse da Sociedade de Nacións en 1926.

Bernardes promoveu a única reforma da Constitución de 1891, reforma que foi promulgada en setembro de 1926 e que alterou principalmente as condicións para establecer o estado de sitio no Brasil. Despois de deixar o goberno, foi elixido senador en 1929.

Despois da presidencia

[editar | editar a fonte]

Participou da Revolución de 1930, que desaloxou o Partido Republicano Paulista do goberno federal. Fracasado este movemento, exiliouse en Portugal. De volta ao Brasil, en 1934, foi elixido deputado federal para o mandato 1935-1939. En 1937, porén, perde o seu mandato, debido ao golpe do Estado Novo.

Co restablecemento da democracia en 1945, ingresou na UDN e foi deputado federal constituínte en 1945. Creou e dirixiu o Partido Republicano. Elixido suplente de deputado federal en 1950, exerceu o seu mandato, en virtude de convocatoria, sendo elixido para un novo mandato en 1954. Bernardes defendeu o petróleo e a siderurxia nacionais. Ocupou o cargo de deputado federal ata a súa morte, en 1955.

  1. PORTO, Walter Costa, O voto no Brasil, Editora Topbooks, 2002
Presidente do Brasil

Segue a:
Epitácio Pessoa
Artur Bernardes
Precede a:
Washington Luis
Partido Republicano Mineiro - PRM