Arturo Baltar
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1924 Coles, España |
Morte | 18 de decembro de 2017 (92/93 anos) O Pereiro de Aguiar, España |
Educación | Escola de Artes e Oficios de Ourense |
Actividade | |
Ocupación | escultor |
Membro de | |
Profesores | Antón Faílde |
Arturo Baltar Santos, nado en Quintás da Barra (Coles)[1] en 1924 e finado en Cachamuíña (O Pereiro de Aguiar) o 18 de decembro de 2017[2], foi un escultor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Autor de esculturas sobre arxila, comezou modelando pequenas pezas ou conxuntos delas, anticipo dos complexos retablos que había de realizar máis tarde, con escenas imaxinarias ou vividas, relixiosas ou profanas. Peregrinos, esmoleiros, cantores de "panxoliñas", son o seu mundo. A súa escenografía policromada, en beléns, boticas, tabernas, altares etc. foi a súa obra máis característica, entre a que destaca o belén de Baltar, conxunto de figuras de temática de Nadal que continúa en proceso de creación ao longo dos anos. Está representado en museos de toda Galiza e en importantes coleccións institucionais e particulares.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "«Durante a guerra era o neno que ía no enterro dos mortos do hospital»". La Voz de Galicia (en castelán). 2017-07-23. Consultado o 2017-12-21.
- ↑ López, Belén: "Fallece el escultor Arturo Baltar" Faro de Vigo, 19/12/2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arturo Baltar |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Trabazo, Luís: Pedra, barro, bronce. Ourense, Inst. de Estudos Ourensáns, 1978.
- Pablos, Francisco: Plástica galega. Vigo, Caja de Ahorros Municipal de Vigo, 1981.
- Pablos, Francisco: Catálogo Exposición antolóxica. Vigo, 1992.