Arturo Benito Silva
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de maio de 1907 Verín, España |
Morte | século XX valor descoñecido |
Actividade | |
Ocupación | mestre, escritor, político |
Arturo Benito Silva, nado en Verín o 10 de maio de 1907,[1] foi un mestre, escritor e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou o Bacharelato en Ourense e fíxose mestre. Aprobou as oposicións ao Maxisterio en 1929. Exerceu como mestre en Correchouso (Laza) (1929), Verín (1931), Arcos (Vilamartín de Valdeorras) (1932) e Queizás (1935).[2] Militante do Partido Radical, colaborou en La Zarpa e dirixiu o semanario Monterrey en 1935. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 colaborou en España Nueva de Verín. En maio de 1944 obtivo o título de procurador dos tribunais.[3] Foi baixa no Maxisterio en 1945 "por abandono de destino" en febreiro de 1944. Nos anos oitenta colaborou no Suplemento Cultural do Faro de Vigo.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 102.
- ↑ La Zarpa, 15-11-1934, p. 11.
- ↑ La Voz de Galicia, 26-5-1944, p. 2.
- ↑ Valcárcel, M. (2005). "Historiografía da prensa galega". En López García, X.; Aneiros Díaz, R.; Pérez Pena, M. S.. A comunicación no seu tempo. Actas do encontro. Consello da Cultura Galega.