Saltar ao contido

Arturo Briones Varela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaArturo Briones Varela
Biografía
Nacemento1901 Editar o valor en Wikidata
Zaragoza, España Editar o valor en Wikidata
Morte28 de novembro de 1936 Editar o valor en Wikidata (34/35 anos)
cemiterio de Boisaca, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico, político Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsCesáreo Briones Varela Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 4266

Arturo Briones Varela, nado en Zaragoza en 1901 e finado en Santiago de Compostela o 28 de novembro de 1936, foi un médico e político español.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Arturo Briones Saenz, Tenente Coronel do Rexemento de Zaragoza, e irmán de Cesáreo Briones Varela. Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, rematando en 1925. Marchou a Zaragoza, pero regresou para ser médico municipal de Frades, residindo en Gafoi. En xuño de 1930 recibiu unha homenaxe popular en Frades. Durante a Segunda República foi militante de Izquierda Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Compostela por rebelión militar o 16 de novembro,[1] foi condenado á pena de morte. Foi executado no cemiterio de Boisaca o 28 de novembro de 1936.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Pura Varela Curvera en 1925.

  1. El Eco de Santiago, 16-11-1936, p. 2.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]