Saltar ao contido

Arturo Fariña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaArturo Fariña
Biografía
Nacemento1873 Editar o valor en Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Morte18 de maio de 1926 Editar o valor en Wikidata (52/53 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, político Editar o valor en Wikidata

Arturo Fariña Díaz, nado en Pontevedra en 1873 e finado na mesma cidade o 18 de maio de 1926[1], foi un xornalista e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Tipógrafo, instalou unha imprenta en Vigo. Militou no Partido Republicano. Fundou e dirixiu o periódico La Lucha en Vigo en 1898.[2] Foi procesado en febreiro de 1907 a instancias do bispo de Tui. En 1909 iniciou a publicación de Galicia Deportiva. Colaborou en Germinal.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Peregrina Barros Martínez, irmá de Benigno e Cándido Barros Martínez e foi pai de Arturo, Antonio e Emma Fariña Barros.

  1. "Arturo Fariña Díaz" en El Progreso, 18-5-1926, p. 3.
  2. "D. Arturo Fariña Díaz" en La Libertad, 20-5-1926, p. 3.