Arturo López Trasancos
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1902 Galicia, España |
Morte | 19 de febreiro de 1948 (45/46 anos) Ourense, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | médico, político |
Partido político | Partido Nazonalista Republicán de Ourense |
Arturo López Trasancos, nado en 1902 e finado en Ourense o 19 de febreiro de 1948, foi un médico e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Vinculado ao galeguismo dende novo, estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela, especializándose en otorrinolaringoloxía e traballou no Instituto Provincial de Hixiene de Ourense. Foi concelleiro en Ourense durante a ditadura de Primo de Rivera e ao seu remate foi vicepresidente do Partido Nazonalista Republicán de Ourense que dirixía Ramón Otero Pedrayo e como tal un dos membros de primeira hora do Partido Galeguista.
Represaliado durante o franquismo, o Tribunal de Responsabilidades Políticas sancionouno en 1941 con multa e inhabilitación para practicar a medicina durante cinco anos.[1]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Carmen Canoura e foi pai de María del Carmen L. Trasancos Canoura,
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Prada Rodríguez, X.: "A depuración das responsabilidades políticas dos galeguistas ourensáns. Unha achega", en Boletín da Real Academia Galega 370