Saltar ao contido

Arwad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaArwad
أرواد (ar) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 34°51′22″N 35°51′30″L / 34.8561, 35.8583
PaísSiria
GobernaciónGobernación de Tartus
District of Syria (en) TraducirTartus District (en) Traducir
Subdistrict of Syria (en) TraducirArwad Subdistrict (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie0,2 km² Editar o valor en Wikidata
Medición0,515 (ancho) × 0,71 (lonxitude) km
Bañado porMar Mediterráneo Editar o valor en Wikidata
Altitude1,5 m Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Evento clave
1302Fall of Ruad (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Candidato a Patrimonio da Humanidade
Data8 de xuño de 1999
Identificador1303

Arwad

Arwad (en árabe: أرواد) é a única illa de Siria. A localidade de Arwad cobre toda a illa. Localizada a 3 km de Tartus, o segundo porto de Siria. A economía da illa depende da pesca.

Os primeiros asentamentos, fenicios, na illa datan do segundo milenio antes de Cristo. Baixo o control fenicio converteuse nun reino independente chamado Arvad, (coñecido en grego como Aradus) e nunha importante base para as viaxes comercias cara ao val de Orontes. Durante a colonización francesa a cidadela utilizouse como prisión contra os que se opuñan aos franceses.