Arwen
Arwen | |
---|---|
![]() | |
Tipo | medio elfo, personaxe literario e personaxe cinematográfico de fantasía ![]() |
Mesmo que
| |
Obra | |
Universo ficticio | O legendarium de Tolkien ![]() |
Creador/a | J. R. R. Tolkien ![]() |
Interpretado por | Liv Tyler ![]() |
Biografía | |
Lugar de nacemento | Valfendido ![]() |
Lugar de falecemento | Lothlórien ![]() |
Sexo | muller ![]() |
Inimigo/a | Sauron ![]() |
Familia | |
Nai | Celebrían ![]() |
Pai | Elrond ![]() |
Cónxuxe | Aragorn ![]() |
Irmá/n | Elladan e Elrohir ![]() |
Fillo/a | Eldarion ![]() |
[ Wikidata ] |
Arwen (traducido do sindarin como «doncela nobre»),[1] tamén chamada Undómiel («estrela da tarde»), é un personaxe ficticio que forma parte do legendarium creado polo escritor británico J. R. R. Tolkien e que aparece na súa novela O Señor dos Aneis. É unha peredhil ou medio elfa, filla de Elrond e Celebrían, irmá de Elladan e Elrohir e tataraneta de Lúthien Tinúviel.[2][3]
Durante séculos viviu entre Valfendido, o refuxio e fogar do seu pai, e Lothlórien, a terra natal da súa nai. Uns anos antes de que rematase a Terceira Idade do Sol, época na que se desenvolve a novela, coñeceu ó dúnedain Aragorn nos bosques de Valfendido e namoráronse o un do outro.[4] Por el renunciou á inmortalidade propia da súa metade élfica para converterse na súa esposa e na raíña consorte do Reino Unificado de Gondor e Arnor trala Guerra do Anel.[5][6]
Adaptacións a outros medios
[editar | editar a fonte]
Nos filmes de Peter Jackson The Fellowship of the Ring, The Two Towers e The Return of the King, o personaxe de Arwen toma un gran protagonismo, superior ó que ten na novela, pois ós autores do guión parecíalles necesario «feminizar» un tanto o argumento, demasiado cargado de personaxes masculinos. En particular, resultou controvertido que substituíse ó personaxe de Glorfindel na escena do vao de Bruinen.
O papel de Arwen nestes filmes é interpretado pola actriz Liv Tyler.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Lena. "nomes compuestos sindarin en la Tierra Media" (PDF). GeoCities. Consultado o 22 de marzo de 2010.
- ↑ CARPENTER, Humphrey (1993). "Carta #144". Las cartas de J. R. R. Tolkien. col. Christopher Tolkien, trad. Rubén Masera. Barcelona: Minotauro. ISBN 84-450-7121-1.
- ↑ CARPENTER, Humphrey (1993). "Carta #153". Las cartas de J. R. R. Tolkien. col. Christopher Tolkien, trad. Rubén Masera. Barcelona: Minotauro. ISBN 84-450-7121-1.
- ↑ TOLKIEN, J. R. R. (1993). "Apéndice A: anales de los reyes y los gobernantes - I. Reyes númenóreanos: (v) Un fragmento de la historia de Aragorn y Arwen extraído de los anales de los reyes y los gobernantes". O Señor dos Aneis. il. Alan Lee, trad. Luis Domènech y Matilde Horne. Barcelona: Minotauro. ISBN 84-450-7179-3.
- ↑ TOLKIEN, J. R. R. (1993). "El senescal y el rey". O Señor dos Aneis. il. Alan Lee, trad. Luis Domènech y Matilde Horne. Barcelona: Minotauro. ISBN 84-450-7179-3.
- ↑ TOLKIEN, J. R. R. (1993). "Numerosas separacións". O Señor dos Aneis. il. Alan Lee, trad. Luis Domènech y Matilde Horne. Barcelona: Minotauro. ISBN 84-450-7179-3.
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Terra Media |