As Casas da Feira, Cotá, Friol
As Casas da Feira | |
---|---|
Detalle de parte dos pendellos da antiga feira de Cotá | |
Parroquia | Cotá |
Concello | Friol |
Coordenadas | 43°02′36″N 7°43′06″O / 43.043235806404, -7.7182647355973 |
[ editar datos en Wikidata ] |
As Casas da Feira é un lugar da parroquia de San Martiño de Cotá no Concello de Friol. O seu nome deriva da feira que se celebraba o día 18 de cada mes nese lugar[1]. Esta feira xa non se celebra aínda que foi moi coñecida durante os séculos XIX e XX, con moitas anécdotas e referencias na prensa[2]. O produto estrela desta feira era o queixo, o que levou a que a aldea fose coñecida co nome de "Cotá dos queixos"[3]. As casas e edificacións (entre elas os vellos pendellos da feira) que quedaron ao redor do lugar da Feira coñécense como As Casas da Feira. Neste lugar tamén hai unha fonte e accédese dende a ponte sobre o río Narla que separa o lugar da aldea de Cotá.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Fonte das Casas da Feira
-
Ponte de Cotá sobre o río Narla
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Cotá
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Cotá no concello de Friol (Lugo) | |
---|---|
Agruñá | As Casas da Feira | Coído | Cotá | Dombrollo | Os Lagouzos | A Pena | A Ponte | Portasueiro | A Rexidoira | Silvarredonda |
Parroquias de Friol
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ferias". ocioengalicia. Consultado o 5 de xuño de 2020.
- ↑ "Da restauración á guerra civil (IV) Das feiras". terrasdefriol.blogspot.com. Consultado o 5 de xuño de 2020.
- ↑ Rodríguez Iglesias, Francisco (2003). Galicia para comer. Hércules de Ediciones. ISBN 978-84-94386-80-0.