As Chás
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: As Chás.
As Chás | |
---|---|
Cruceiro | |
Diocese: | Ourense |
Arciprestado: | Os Milagres |
Área: | - km² |
Poboación: | 115 hab. (2014) |
Densidade: | - hab./km² |
Entidades de poboación: | 13 |
San Xoán das Chás é unha parroquia eclesiástica galega que se localiza no arciprestado dos Milagres na diocese de Ourense, e que ten as súas terras e os seus lugares repartidos entre dous concellos, o de Maceda na comarca de Allariz - Maceda e o de Montederramo na comarca da Terra de Caldelas. No ano 2014 tiña 115 habitantes (55 homes e 60 mulleres), o que supón unha diminución de 83 habitantes en relación ao ano 2000.
As entidades do Alto do Rodicio, Barreiros, Bouzas, A Caseta e O Rodicio pertencen ao concello de Maceda; as de Cacharrequille, As Chás, Cordelle de Abaixo, Os Currás, A Laxe, O Medón, As Ratoeiras e Retorta ao concello de Montederramo.