As Ciencias e as Artes
As Ciencias e as Artes | |
---|---|
Artista | Adriaan van Stalbemt |
Data | entre 1607 e 1650 |
Técnica | Pintura ó óleo sobre táboa |
Dimensións | 117 cm × 89,9 cm |
Localización | Museo do Prado (Madrid, España) |
As Ciencias e as Artes é unha pintura ó óleo sobre táboa pintada entre 1607 e 1650 polo pintor flamengo Adriaan van Stalbemt.[1]
Descrición e interpretación
[editar | editar a fonte]Un grupo de sabios discute ao redor de varias mesas mentres que outro grupo de persoas contempla os cadros que hai colgados nas paredes da estancia.[1] A obra mostra no centro a dous personaxes contemplando un cadro no que se representa a destrución de obras de arte polos protestantes a finais do século XVI. Unha mesa de madeira ocupa a parte dereita da imaxe con álbums con gravados, mapas marítimos, escudos, medallas, compases e un globo terráqueo.[2]
A pintura pretende mostrar a protección que nos católicos Países Baixos españois se facía da cultura e das artes, mentres que nas protestantes Provincias Unidas do norte esta protección non existía.[1]
Versións do cadro
[editar | editar a fonte]Existen ata cinco versións deste cadro.[3] Unha no Museo do Prado de Madrid,[1] outra na Galerie Kugel de París en 1988; a terceira foi rexistrada na Hawkins Collection de Londres en 1951; unha cuarta versión estaba na Galerie de Jonckheere en París no 2002 e a quinta no Galerie Robert Finck de Bruxelas en 1955.[3] As de Madrid e París atribúense a Adriaan van Stalbemt, aínda que hai dúbidas sobre isto.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Museo do Prado. "Las Ciencias y las Artes" (en castelán). Consultado o 18 de xuño de 2016.
- ↑ Web Gallery of Art. "A Collector's Cabinet (detail)" (en inglés). Consultado o 18 de xuño de 2016.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "THE PROPERTY OF A FAMILY - Hieronymus Francken II - A COLLECTOR'S CABINET" (en inglés). Consultado o 18 de xuño de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: As Ciencias e as Artes |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Museo Nacional del Prado (1972). "Museo del Prado: catálogo de las pinturas". Madrid.
- Díaz Padrón, Matías (1975). Museo del Prado: catálogo de pinturas: escuela flamenca. Madrid. p. 381.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Museo do Prado (en castelán)