As Médulas
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2018.) |
(es) Las Médulas ![]() | ||||
Tipo | xacemento arqueolóxico ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Borrés, España e Carucedo, España ![]() | |||
Localización | As Médulas ![]() | |||
| ||||
Composto por | ||||
Características | ||||
Superficie | 1.115 ha ![]() | |||
Patrimonio da Humanidade ![]() | ||||
Tipo | Patrimonio cultural → Europa-América do Norte | |||
Data | 1997 (21ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (i), (ii), (iii) e (iv) ![]() | |||
Identificador | 803 | |||
Ben de Interese Cultural | ||||
Data | 3 de xuño de 1931 | |||
Identificador | RI-51-0000667 | |||
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | ||||
Zone principal de la mina de oro de Las Médulas (en) [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg | ||||
Data | 1997 (21ª Sesión) | |||
Identificador | 803-001 | |||
| ||||
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | ||||
Estéiles de la Balouta (en) [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg | ||||
Data | 1997 (21ª Sesión) | |||
Identificador | 803-002 | |||
| ||||
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | ||||
Estéiles de Valdebría (en) [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg | ||||
Data | 1997 (21ª Sesión) | |||
Identificador | 803-003 | |||
| ||||
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | ||||
Estéiles de Yeres (en) [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg | ||||
Data | 1997 (21ª Sesión) | |||
Identificador | 803-004 | |||
Sitio web | patrimonionatural.org… ![]() | |||
As Médulas foi unha antiga explotación romana de ouro a ceo aberto, e forma hoxe unha paisaxe espectacular no que antano fora o monte Medilianum, con areas encarnadas, castiñeiros e carballos verdes. Está situada preto da aldea homónima, no concello de Carucedo, comarca do Bierzo.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Segundo o relato de Plinio o Vello, quen na súa mocidade foi administrador das minas, extraíanse cada ano 20.000 libras de ouro, empregando 60.000 escravos, que en 250 anos de explotación deron 5 000 000 de libras (= 1 635 000 kg). Segundo os datos do profesor arqueólogo Antonio García Bellido, as terras removidas acadaron os 500 millóns de m³, o que cun rendemento medio de 3 g/tonelada de terra implica uns 1 500 000 kg de mineral.
Outros estudos, baseados na terra extraída, falan de 10.000 ou 20.000 homes, contando con subministradores, gardiáns etc.
Os ástures xa explotaran algo, lavando as lamas e as areas. De seguro os romanos comezaron en época de Octavio Augusto.
Plinio comenta que é menos temerario buscar perlas e púrpura no fondo do mar que sacar ouro destas terras.
Conta a lenda que o lago de Carucedo se formou co estancamento da auga empregada para a explotación.
A extracción viuse favorecida por:
- Ser terras de aluvión con pebidas de ouro.
- Ter moita auga e pendente para producir o arrastre.
- Existir pendentes cara ao río Sil para os desaugadoiros.
Como chegar
[editar | editar a fonte]Pola estrada Vigo - Ourense a Ponferrada. Pasado Santalla, tómase un camiño á esquerda que leva ata o alto do castelo de Cornatel (vese desde a estrada), templario, onde se desenvolve a novela de Enrique Gil y Carrasco "El Señor de Bembibre". Desde aí vese o lago de Carucedo. Chégase a Carucedo e de alí a Orellán para ver As Médulas dende o miradoiro.
As Médulas teñen activo un túnel que se pode atravesar, sentindo un pouco mellor as circunstancias de explotación, ata un miradoiro sobre o baleiro.
Método de extracción
[editar | editar a fonte]
Usábase o chamado ruina montium, consistente na captación da auga existente por medio de canles e en almacenala en depósitos para utilizala despois. É un sistema espectacular neste caso, pola cantidade de auga usada, lonxitude e ramificacións de canles. Hoxe coñécese o trazado, e pódese visitar parte aínda que é imprescindible un guía e un casco para a cabeza.
Unha das moitas captacións era na vertente nordeste do monte Teleno. No pico, a unha altura de 2.000 m, acumulábase a neve que, derretida, chegaba ó río Cabo (afluente do Cabreira). Este río alimentaba as 7 canles que, bordeando a montaña, chegaban ós estanques. As canles podían ter unha lonxitude de 300 km cunha pendente entre 0,6 % e 1%. O ancho era de 1,28 m, excepto nas curvas, nas que acadaba 1,60. O alto, 90 cm. En lugares, a canle entra baixo as penas como túnel. A construción das canles foi a parte máis difícil e custosa da explotación.
A auga chegaba ós depósitos escavados no terreo, e a terra amoreábase arredor, formando taludes. Tiñan comportas para facer a distribución hídrica. Algunhas canles subsisten hoxe en día como camiños, e pódense percorrer con guías.
Este traballo de enxeñaría e a posterior extracción de ouro supuxo un atentado contra o medio ambiente na época, mais non se ten constancia de que na época fose visto como tal. Dende 1997 é Patrimonio da humanidade.