As Marabillas, Cartelle
As Marabillas | |
---|---|
![]() Igrexa de Nosa Señora das Marabillas ao solpor | |
Concello | Cartelle[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 42°13′11″N 7°57′09″O / 42.21981181, -7.95261762 |
Poboación | 290 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 4[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Nosa Señora das Marabillas é unha parroquia do concello de Cartelle, na comarca da Terra de Celanova, provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 346 habitantes, dos cales 164 eran homes e 182 mulleres.
Procesión
[editar | editar a fonte]Durante a festividade da Virxe das Marabillas, coincidente co día previo a Pentecoste, realízase unha procesión na honra da devandita virxe. Esta procesión podería ter orixe no ano 1646 e conmemora a suposta aparición (tres veces) da virxe no lugar. A imaxe da virxe vai acompañada de arcos florais e ramos enfeitados con bólas e papeis de cores vivas. Esta procesión garda bastantes paralelismos coa procesión dos pendóns de Santa Mariña de Augas Santas.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]O santuario actual data do século XVIII e nas proximidades atopáronse restos arqueolóxicos que poderían ser dun campamento romano[2].
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Edificio nas Marabillas
-
Árbore nas Marabillas
-
Campá
-
Escultura ó emigrante
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares das Marabillas
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia das Marabillas no concello de Cartelle (Ourense) | |
---|---|
Augalevada | Aúlfe | Muntián | O Vieiro |
Parroquias de Cartelle
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: As Marabillas, Cartelle |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
- ↑ Cid Rumbao, Alfredo, Guía Turística de la Provincia de Ourense