Saltar ao contido

As Miráns, O Araño, Rianxo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «As Miráns»)
As Miráns
ParroquiaO Araño
ConcelloRianxo
Coordenadas42°41′29″N 8°47′02″O / 42.691518, -8.78379
editar datos en Wikidata ]

As Miráns é unha das 25 entidades de poboación da parroquia do Araño, no concello coruñés de Rianxo. A distribución da súa poboación é irregular, dada a extensión do lugar cara distintas direccións, xa che cruza dun lado a outro o río Té. Pódese acceder ó centro das Miráns dende varias pistas que dan á C-550 (Comarcal que une Padrón e Ribeira) arredor do quilómetro 10 e 11.

Economía

[editar | editar a fonte]

Aínda que a maioría da poboación vive da agricultura ou traballa na industria, atopamos nas Miráns establecementos de turismo rural e hostalería.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

Nas Miráns hai varios cruceiros, hórreos, un pombal reconvertido para o seu uso en turismo rural, nunha aldea rural na que tamén se atopan (traídas dende outras aldeas) un antigo muíño restaurado sobre o río Té, e varias pías. Nas Miráns tamén se atopou en 1907 unha estela funeraria romana [1], unha lápida exhibida na Exposición Rexional Galega de 1909, e actualmente exposta no Museo Provincial de Pontevedra. A carón do río Té está o roteiro dos muíños. Á beira do río está o Campo da Ponte, unha área recreativa con merendoiro, sitios onde preparar comidas campestres, bancos e mesas de pedra, un cruceiro, e unha ponte sobre o río.

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares do Araño

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia do Araño no concello de Rianxo (A Coruña)

O Agro da Moa | O Batán | Buía | Campelo | Cantalarrana | A Capela | Carballal | A Casilla | Cerqueiras | Contrés | A Ermida | A Ferrería | Foxacos | Os Lemos | As Miráns | Outeiro | A Pontenova | Pousada | O Rabado | O Toural | Traba | A Varela | O Vilar | Os Xens | Os Xufreus

Parroquias de Rianxo

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Rianxo

O Araño (Santa Baia) | Asados (Santa María) | Isorna (Santa María) | Leiro (Santa María) | Rianxo (Santa Comba) | Taragoña (San Salvador)