As Miráns, O Araño, Rianxo
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2014.) |
As Miráns | |
---|---|
Parroquia | O Araño |
Concello | Rianxo |
Coordenadas | 42°41′29″N 8°47′02″O / 42.691518, -8.78379 |
[ editar datos en Wikidata ] |
As Miráns é unha das 25 entidades de poboación da parroquia do Araño, no concello coruñés de Rianxo. A distribución da súa poboación é irregular, dada a extensión do lugar cara distintas direccións, xa che cruza dun lado a outro o río Té. Pódese acceder ó centro das Miráns dende varias pistas que dan á C-550 (Comarcal que une Padrón e Ribeira) arredor do quilómetro 10 e 11.
Economía
[editar | editar a fonte]Aínda que a maioría da poboación vive da agricultura ou traballa na industria, atopamos nas Miráns establecementos de turismo rural e hostalería.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Nas Miráns hai varios cruceiros, hórreos, un pombal reconvertido para o seu uso en turismo rural, nunha aldea rural na que tamén se atopan (traídas dende outras aldeas) un antigo muíño restaurado sobre o río Té, e varias pías. Nas Miráns tamén se atopou en 1907 unha estela funeraria romana [1], unha lápida exhibida na Exposición Rexional Galega de 1909, e actualmente exposta no Museo Provincial de Pontevedra. A carón do río Té está o roteiro dos muíños. Á beira do río está o Campo da Ponte, unha área recreativa con merendoiro, sitios onde preparar comidas campestres, bancos e mesas de pedra, un cruceiro, e unha ponte sobre o río.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares do Araño
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia do Araño no concello de Rianxo (A Coruña) | |
---|---|
O Agro da Moa | O Batán | Buía | Campelo | Cantalarrana | A Capela | Carballal | A Casilla | Cerqueiras | Contrés | A Ermida | A Ferrería | Foxacos | Os Lemos | As Miráns | Outeiro | A Pontenova | Pousada | O Rabado | O Toural | Traba | A Varela | O Vilar | Os Xens | Os Xufreus |
Parroquias de Rianxo
[editar | editar a fonte]Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Rianxo | |
---|---|
O Araño (Santa Baia) | Asados (Santa María) | Isorna (Santa María) | Leiro (Santa María) | Rianxo (Santa Comba) | Taragoña (San Salvador) |