Saltar ao contido

As Mulatas (Di Cavalcanti)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As Mulatas
ArtistaDi Cavalcanti
Data1962
TécnicaPintura ó óleo
Localización Palacio do Planalto (Brasilia)

As Mulatas é un cadro de Di Cavalcanti, realizado en 1962. Considerada "emblemática"[1] e "histórica"[2], a obra fai parte do acervo en exposición na entreplanta do terceiro andar no Palacio do Planalto, Brasilia. O valor do cadro foi estimado en 8 millóns de reais.[3]

A obra foi vandalizada no contexto das invasións terroristas de Brasilia en 2023, xuntamente con outras obras como Bailarina de Victor Brecheret e Araguaia de Marianne Peretti.[4][5][6]

En termos técnicos, o cadro reflecte o interese de Di Cavalcanti polo muralismo, en especial o mexicano. Tal interese é tamén observado na obra Músicos, parte do acervo do Palacio da Alvorada e igualmente avariado no ano 2020, en Brasilia.[7]

Conceptualmente, a obra integra unha serie de cadros do pintor que retractan as figuras de mulatas, isto é, mulleres de cor. Na concepción de Di Cavalcanti, as representacións valorizan a brasilidade e a poboación brasileira. Neste caso, a valorización se dá por medio da figura das mulleres de cor.[8]

O nome As Mulatas non foi dado polo pintor, foi nomeado posteriormente por intermediarios ou coleccionadores, para facilitar a identificación da obra.[9]

  1. Maciel, Nahima (2017). "Obras de arte dos palácios do Planalto e do Alvorada são preciosas". Correio Braziliense (en portugués). Consultado o 2023-01-09. 
  2. "As obras históricas depredadas por terroristas bolsonaristas em Brasília". Aventuras na História (en portugués). 2023-01-08. Consultado o 2023-01-09. 
  3. "Golpistas desenham bigode de Hitler em pintura de José Bonifácio no Planalto - Juiz de Fora/MG". Acessa.com. 2023-01-09. Consultado o 2023-01-09. 
  4. "Um quadro de Di Cavalcanti sofre danos por ação de golpistas que invadiram Palácio do Planalto". Extra (en portugués). 2023-01-08. Consultado o 2023-01-09. 
  5. "Conheça o vitral 'Araguaia', de Marianne Peretti, atacado na invasão ao Congresso". Folha de S.Paulo (en portugués). 2023-01-08. Consultado o 2023-01-09. 
  6. Franca, Camila (2023-01-08). "Terroristas bolsonaristas roubam escultura de Brecheret da Câmara dos Deputados; outras obras foram depredadas". Brasil 247 (en portugués). Consultado o 2023-01-09. 
  7. "Quem foi Di Cavalcanti, artista que teve obra atacada a facadas por golpistas em Brasília". O Globo (en portugués). Consultado o 2023-01-09. 
  8. Almeida, Marina Barbosa de (2007). "As mulatas de Di Cavalcanti : representação racial e de gênero na construção da identidade brasileira (1920 e 1930)". bdtd.ibict.br. Arquivado dende o orixinal o 09 de xaneiro de 2023. Consultado o 2023-01-09. 
  9. "Filha de Di Cavalcanti lamenta ataque a painel no Planalto: ‘Fiquei estarrecida’". G1 (en portugués). Consultado o 2023-01-09.