As Regadas, Beade
As Regadas | |
---|---|
Igrexa das Regadas | |
Concello | Beade[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 42°20′05″N 8°08′49″O / 42.3345848, -8.146856 |
Poboación | 43 hab. (2022) |
Entidades de poboación | 1[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Amaro das Regadas é unha parroquia do concello de Beade, na provincia de Ourense. Segundo o IGE[2], en 2014 tiña 59 habitantes (29 homes e 30 mulleres) nun único núcleo de poboación.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Situación
[editar | editar a fonte]A parroquia sitúase na estrema NW do concello de Beade. Limita polo oeste co concello de Carballeda de Avia (concretamente coa parroquia de Beiro), polo norte co concello de Leiro (parroquia de Berán), polo leste e polo sur co resto do propio concello de Beade, coa parroquia do mesmo nome.
Comunicacións
[editar | editar a fonte]A parroquia conéctase coas localidades da contorna sobre todo por medio de camiños e estradas locais. A OU-212 conecta As Regadas coa veciña Beade, así como cos núcleos de Berán e Beiro. A comarca conéctase co resto de Galicia a través de estradas como a A-52 ou a N-120.
Distancia a localidades próximas
[editar | editar a fonte]Localidade | Distancia (km) |
---|---|
Beade | 3 |
Ribadavia | 5 |
Beiro | 1,5 |
Berán | 2,5 |
Demografía
[editar | editar a fonte]A poboación atópase repartida nun único núcleo de poboación do mesmo nome. Segundo o INE, a poboación das Regadas evolucionou do seguinte xeito. Dende o ano 2000, As Regadas perdeu un 24% da súa poboación, ascendendo esta en 2013 a un total de 60 veciños (31 homes e 29 mulleres).
Ano | Habitantes | Variación |
---|---|---|
2000 | 79 | |
2004 | 69 | -12,7% |
2008 | 65 | -5,8% |
2013 | 60 | -7,7% |
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares das Regadas
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia das Regadas no concello de Beade (Ourense) | |
---|---|
Parroquias de Beade
[editar | editar a fonte]Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Beade | |
---|---|
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 29 de abril de 2021.