As Ventelas, Lebozán, Beariz
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
As Ventelas | |
---|---|
Rúa coa Eira dos hórreos ao fondo. | |
Parroquia | Lebozán |
Concello | Beariz |
Coordenadas | 42°29′58″N 8°15′25″O / 42.499444444444, -8.257 |
Poboación | 18 hab. (2017) |
[ editar datos en Wikidata ] |
As Ventelas[1] é un lugar da Parroquia de Lebozán, pertence ao concello de Beariz, da comarca do Carballiño (provincia de Ourense). No ano 2008 tiña dezasete habitantes (dez homes e sete mulleres).
Xeografía
[editar | editar a fonte]O lugar das Ventelas linda ao norte coa estrada nacional N-541, que é a súa principal vía de comunicación, e a aldea das Antas, que pertence tamén a Beariz. Situada entre a serra do Cando e a serra do Candán, nunha das ladeiras do monte Marcofán, pertence á histórica comarca de Tabeirós - Terra de Montes. O rueiro das Ventelas confórmao unha única rúa.
Probabelmente o seu nome teña que ver co feito de que é unha zona na que ventea moito durante todo o ano.[Cómpre referencia]
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Patrimonio material
[editar | editar a fonte]- Monte veciñal en man común. Aparecendo recollido no Catálogo de entidades de economía social[2] da Xunta de Galicia, como Comunidade e mancomunidade de montes.
- Mámoas da Bola: a necrópole megalítica da Bola está composta por dous túmulos ou mámoas.[3]
- Mámoas da Chancela: no conxunto da Chancela tamén hai varios petróglifos.
- Eira das Ventelas: na eira hai varios horreos pertencentes a distintas familias, construídos na súa maioría en lousa.[4]
- Muíño das Ventelas: hai tamén un muíño de herdeiros, restaurado, na estrada cara a Lebozán.
- Abellariza: Hai unha abellariza sem uso dende principios do 2000. Atópase nunha ladeira da parte mais moderna do lugar.
Cultura popular
[editar | editar a fonte]Hai un refrán que predí o tempo que vai facer ao día seguinte: "Rubio cara ao mar, vellos a solar, rubio cara a Ribeira, vellos na paneira".
No segundo disco do grupo Leilía, I é verdade i é mentira (1998), aparece a peza "Palabra de casamento", recollida nesta aldea.[5]
Camiño de Santiago
[editar | editar a fonte]A sexta etapa do Camiño Miñoto Ribeiro[6], discorre polos montes das Ventelas.
Patrimonio natural
[editar | editar a fonte]Hai unha gran variedade de fauna nos montes que rodean á aldea, mas no mesmo lugar non é estraño ver ou escoitar diferentes especies de aves, nocturnas ou diúrnas. A avifauna é variada, e habitualmente escóitase o gaio, o corvo, o pico verde, o cuco, o estorniño, a lavandeira branca, a avenoiteira, a avelaiona, os miñatos... Tamén hai mamíferos como corzos, cabalos e vacas bravas, xabarís, raposos ou teixugos. Entre os anfibios e réptiles están as píntegas, a víbora seoane, o lagarto das silvas...
Entre a fauna, hai árbores como carballos, acivros, loureiros, bidueiros, castiñeiros. Arbustos coma os toxos. Entre as flores pódese ver xacinto silvestre, tollemerendas...
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Eira dos Hórreos.
-
Alvariza con cortizo tradicional.
-
Casa
-
Mámoas da Bola.
-
Cabalos salvaxes dentro da Casa da Tía Sara.
-
Cabalos salvaxes na contorna.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Lebozán
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Lebozán no concello de Beariz (Ourense) | |
---|---|
As Antas | Arnelas | A Ermida | Lebozán | Os Liñares | As Ventelas |
Parroquias de Beariz
[editar | editar a fonte]Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Beariz | |
---|---|
Beariz (Santa María) | Lebozán (Santa Cruz) | Xirazga (San Salvador) |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "DECRETO 332/1996, de 26 de julio, por el que se aprueba el Nomenclátor correspondiente a las entidades de población de la provincia de Ourense.".
- ↑ "Xunta de Galicia: catálogo de entidades de economía social".
- ↑ Mámoas de Galicia (provincia de Ourense) O noso patrimonio.
- ↑ "Eira de As Ventelas". Xoán Arco da Vella. 4 de xaneiro de 2013.
- ↑ "Disco: "I é verdade, i é mentira"". Leilia.net.
- ↑ "Camiño Miñoto Ribeiro: etapa 6: Pazos de Arenteiro - Soutelo de Montes". Camiño Xacobeo Miñoto - Ribeiro.