Saltar ao contido

As palabras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As palabras
Título orixinalLes Mots
Autor/aJean-Paul Sartre
OrixeFrancia
LinguaFrancés
ColecciónBiblioteca Galega de Clásicos Universais
Xénero(s)Novela
EditorialFrancia George Braziller
Galicia Edicións Laiovento
Data de pub.Francia 1963
Galicia 1999
Páxinas156 (gl)
ISBNISBN 84-89896-46-1
TraduciónDulce Fernández Graña e François Davo
editar datos en Wikidata ]

As palabras[1] (en francés: Les Mots) é unha autobiografía de Jean-Paul Sartre publicada en 1963.[2]

Foi traducida ó galego por Dulce Fernández Graña e François Davo e publicada por Edicións Laiovento no ano 1999.[1] No ano 2005, foi publicado de novo cunha tradución de Fernández Graña e Davo dentro da colección Biblioteca Galega de Clásicos Universais.[3]

Estrutura

[editar | editar a fonte]

O texto divídese en dúas partes de lonxitude semellante, tituladas "Lendo" e "Escribindo". Porén, segundo o estudoso francés Philippe Lejeune, esta división só é unha cuestión de aparencia, xa que non afecta a progresión cronolóxica do texto. No canto diso, coida máis axeitado dividir o texto en cinco partes ou "actos":

  • O primeiro acto presenta, de maneira cronolóxica, a "prehistoria" da nenez e a orixe familiar de Sartre.
  • O segundo acto relata os diferentes papeis que Sartre se asignaba a si mesmo dentro da reclusión dun mundo imaxinario, feito posible pola súa familia.
  • O terceiro acto conta o intre no que toma consciencia da súa impostura, a súa propia continxencia, medo á morte e a fealdade (ideas que se encadran no contexto da súa filosofía existencialista).
  • O cuarto acto consiste no desenvolvemento dunha nova impostura, na que Sartre adopta diferentes estilos de escrita.
  • No quinto acto, Sartre relata o seu propio engano, o cal considera a fonte do seu dinamismo. Nesta parte anuncia a escrita dun futuro segundo libro, que non chegaría xamais a completar.

Nun primeiro momento, Sartre pensou en Jean sans terre como título alternativo.[4]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]