Asasinato de Andrei Karlov
O asasinato de Andrei Karlov ocorreu o 19 de decembro de 2016. Andrei Karlov, o embaixador ruso a Turquía foi mortalmente disparado por Mevlüt Mert Altıntaş na noite do 19 de decembro de 2016 nunha exposición de arte en Ancara, Turquía.[1][2][3][4] O asasinato tivo lugar após varios días de protestas en Turquía sobre a implicación rusa na Guerra Civil siria e a batalla sobre Alepo, aínda que os gobernos rusos e turcos negociaran un cesamento da loita.[1]
Perpetrador e ataque
[editar | editar a fonte]O asasino foi identificado como Mevlüt Mert Altıntaş, quen foi descrito como un oficial de policía turco, graduado na Escola de Policía de Esmirna no 2014.[5] Algunhas fontes informan que fora despedido da policía pola súa alegada implicación na tentativa de golpe de Estado en Turquía en 2016.[6][7][8]
Cando Karlov facía un discurso nunha exposición de fotografía, Altıntaş realizou varios disparos contra o embaixador ruso, feríndoo mortalmente e ferindo outras persoas.[1][9]
Despois de disparar a Karlov, Altıntaş berrou: "Allahu Akbar (Deus é grande). Non esquezades Alepo, non esquezades Siria".[1][4][10][11] Altıntaş foi posteriormente abatido polas forzas de seguranza turcas.[12] Karlov foi levado ó hospital, mais morreu pola gravidade das feridas.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Russian ambassador to Turkey Andrei Karlov shot dead in Ankara". BBC News (en inglés). 19 de decembro de 2016. Consultado o 20 de decembro de 2016.
- ↑ Walker, Shaun; Shaheen, Kareem; Chulov, Martin (19 de decembro de 2016). "Russian ambassador to Turkey killed in Ankara shooting". The Guardian.
- ↑ "Russian ambassador shot dead in Ankara gallery". 19 de decembro de 2016 – vía Reuters.
- ↑ 4,0 4,1 Gumrukcu, Tuvan; Butler, Daren (19 de decembro de 2016). Reuters, ed. "Russian ambassador gunned down in Ankara, Russian agency says killed".
- ↑ "El asesino de Andrei Karlov, un policía turco de 22 años". La Gaceta. 19 de decembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2018. Consultado o 19 de decembro de 2016.
- ↑ TASS (ed.). "Killer of Russia's ambassador fired from police after July's failed coup in Turkey — media". Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2016. Consultado o 20 de decembro de 2016.
- ↑ Mail Online (ed.). "Russian ambassador to Turkey shot dead by gunman in Ankara". Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2016. Consultado o 20 de decembro de 2016.
- ↑ NewsComAu (ed.). "Reports emerge of gunman’s motive".
- ↑ Shoichet, Catherine E.; Thompson, Nick; Grinberg, Emanuella. "Gunman shouted 'Do not forget Aleppo!' as he shot ambassador". CNN. Consultado o 20 de decembro de 2016.
- ↑ "Turkey: Russia's ambassador in Ankara killed in shooting attack by police officer". Haaretz. Reuters and the Associated Press. Consultado o 19 de decembro de 2016.
- ↑ "Russian ambassador to Turkey dead: Andrey Karlov dies after being shot in Ankara". The Independent. 19 de decembro de 2016.
- ↑ Umar, Farooq; King, Laura (19 de decembro de 2016). "Off-duty police officer identified in fatal shooting of Russia's ambassador to Turkey". Sun-Sentinel. Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2020. Consultado o 19 de decembro de 2016.