Día da Ascensión
Día da Ascensión | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Tipo | Festa móbil, día festivo oficial e festividade cristiá ![]() | ||
Parte de | Grandes Festas da Igrexa Ortodoxa ![]() | ||
Data | |||
Día periódico | 39 días despois de Pascua ![]() | ||
Características | |||
Conmemora | ascensión de Xesús ![]() | ||
Relixión | cristianismo ![]() | ||
Cronoloxía | |||
Na rede | |||
![]() | |||
[ Wikidata ] |

O Día da Ascensión é unha festa cristiá que se celebra corenta días despois do Domingo de Resurrección (durante o Tempo pascual) e que conmemora a ascensión de Xesucristo ao ceo en presenza dos seus discípulos tras anunciarlles que lles enviaría o Espírito Santo.
Doutrina cristiá
[editar | editar a fonte]A doutrina cristiá sostén comunmente que Cristo ascendeu en forma física ao Ceo tras a súa Resurrección en presenza dos seus Apóstolos. Enténdese por "ascender ao ceo" unha unión física con Deus Pai e non unha transformación espiritual do individuo como é habitual nas experiencias místicas doutras relixións.
Este aspecto do misterio pascual relaciónase coa importancia dada pola teoloxía cristiá á corporeidade, que a Palabra de Deus asumiu na Encarnación, que é glorificada na Ascensión de Cristo á dereita de Deus Pai e que os mortos recobrarán, dalgún xeito, na Resurrección do fin dos tempos.
Nárrase este episodio en Marcos 16, 19; Lucas 24, 50-51 e Feitos dos Apóstolos 1, 9-11. A liturxia cristiá afirma a Ascensión no Credo de Nicea-Constantinopla e no Credo dos Apóstolos.
Data
[editar | editar a fonte]Día da Ascensión, 2010-2020 | ||
---|---|---|
Ano | Catolicismo e Protestantismo | Ortodoxia |
2010 | 13 de maio | |
2011 | 2 de xuño | |
2012 | 17 de maio | 24 de maio |
2013 | 9 de maio | 13 de xuño |
2014 | 29 de maio | |
2015 | 14 de maio | 21 de maio |
2016 | 5 de maio | 9 de xuño |
2017 | 25 de maio | |
2018 | 10 de maio | 17 de maio |
2019 | 30 de maio | 6 de xuño |
2020 | 21 de maio | 28 de maio |
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Día da Ascensión ![]() |