Ascensión recta
Aparencia

En astronomía, a ascensión recta é unha das coordenadas astronómicas que se utilizan para localizar os astros sobre a esfera celeste (a outra é a declinación), sendo o equivalente á lonxitude terrestre (coordenada xeográfica). A ascensión recta mídese a partir do punto vernal en horas (unha hora é igual a 15 graos), minutos e segundos cara ao leste ao longo do ecuador celeste. O punto vernal está na posición do Sol no equinoccio de primavera ou equinoccio vernal. O seu símbolo é α.