Asemblea de Ceuta
A Asemblea de Ceuta (en castelán: Asamblea de Ceuta) é, xunto co Presidente e o Consello de Goberno, un dos tres órganos institucionais do autogobierno da cidade autónoma de Ceuta. A Asemblea é á vez o Pleno do concello da cidade.
A Asemblea está integrada por 25 membros, elixidos na cidade por sufraxio universal, libre, igual, directo e segredo. Os seus membros ostentan tamén a condición de Concelleiros. As sesións da Asemblea son públicas e correspóndelle elixir de entre os seus membros ao Presidente da cidade de Ceuta, impulsar e controlar a acción do Consello de Goberno, aprobar os orzamentos e contas da cidade e aprobar os plans de fomento, ordenación e actuación de interese xeral, entre outros. Así mesmo, tamén lle corresponden as atribucións que lle corresponden como Pleno do Concello.
Composición
[editar | editar a fonte]A Asemblea de Ceuta está composta polo Presidente, que é á súa vez o Alcalde e Presidente da Cidade Autónoma e vinte e catro deputados dos diferentes partidos políticos, que son á vez concelleiros.
Desde as Eleccións á Asemblea de Ceuta de 2011, a cámara está composta polos seguintes grupos: