Asia Ramazan Antar
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de xaneiro de 1997 ![]() Al-Qamishli, Siria (pt) ![]() ![]() |
Morte | 30 de agosto de 2016 ![]() Manbij, Siria (pt) ![]() ![]() |
Causa da morte | morte en combate ![]() |
Actividade | |
Ocupación | combatente, activista polos dereitos das mulleres, soldado ![]() |
Período de actividade | 2014 ![]() |
Carreira militar | |
Rama militar | Unidades de Proteção das Mulheres (pt) ![]() ![]() |
Asia Ramazan Antar, tamén coñecida como Viyan Antar, nada en Qamishli en 1997 e finada en Manbij o 30 de agosto de 2016, foi unha soldado kurda das Unidades de Protección das Mulleres (YPJ) que se converteu nun símbolo da loita feminista para os medios de comunicación internacionais no conflito de Rojava e na loita contra o Estado Islámico.
En 2014, aos 16 anos, Antar ingresou nas YPJ co obxectivo de loitar contra o Estado Islámico. Despois de que as fotos dela se espallaran por Internet, os medios internacionais chamárona "a Angelina Jolie kurda" pola súa semellanza física.[1][2][3] Estas comparacións foron rexeitadas por parte dos combatentes e activistas kurdos que describiron as comparacións como sexistas e obxectivadoras.[4]

Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nada no seo dunha familia kurda de Siria, Antar casou moi nova mediante un matrimonio concertado pola súa familia. Porén, despois de tres meses, puido divorciarse grazas ás novas leis na rexión kurda despois do conflito de Rojava. En 2014, despois do divorcio, uniuse ás Unidades de Protección das Mulleres (YPJ) co ideal de loitar pola emancipación da muller de mans da opresión patriarcal na rexión.
A información dada polos medios occidentais sobre a súa idade foi inconsistente, aínda que o comandante do YPJ Abdullah Shirin confirmou que naceu en 1997 e que tiña 19 anos cando morreu.[5]

Transcendencia nos medios
[editar | editar a fonte]Antar gañou a atención internacional en 2015 cando un fotoxornalista lle tomou fotos e a describiu como "a Angelina Jolie kurda". Moitos medios de comunicación recircularon as fotos, converténdoas en novas e tamén foi comparada coa actriz española Penélope Cruz.
Despois de morrer, volveu ser noticia, e os titulares das novas reducíronse a "morreu a Angelina Jolie kurda", subliñando en todo momento o parecido físico entre ambas e raramente discutindo a súa participación na loita contra o Estado Islámico. Isto foi condenado polos partidarios da causa kurda e mesmo por outros combatentes.[4][6]
Reaccións
[editar | editar a fonte]A minimización dela como persoa foi vista como degradante por moitos activistas kurdos, especialmente tendo en conta as tendencias feministas de Antar. Choman Kanaani, un activista e loitador kurdo que repudiou o tratamento de Antar por parte dos medios occidentais, dixo á BBC en referencia á posición do YPJ sobre o sexismo que: "Toda a filosofía de YPJ é loitar contra o sexismo e evitar o uso das mulleres como obxecto sexual", e engadiu:
Queremos darlle ás mulleres o lugar que lles corresponde na sociedade e que sexan as propietarias dos seus propios destinos. Viyan morreu por estes ideais. Nos medios, ninguén falou dos ideais polos que ela deu a súa vida, nin do que Viyan logrou para as mulleres de Rojava nos últimos catro anos.[4]
Morte
[editar | editar a fonte]Antar foi asasinada durante un ataque na cidade de Manbij, despois de participar na liberación da cidade de mans do Estado Islámico na ofensiva de Manbij.[7] Aínda que os primeiros informes indicaban que ela, xunto con outros combatentes das Unidades de Protección Popular (YPG), morreran preto de Jarabulus como consecuencia dos ataques do Exército Libre Sirio, estes rumores foron descartados cando o voceiro das YPJ confirmou que morreu nun ataque do Estado Islámico.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nelson, Sara. "Asia Ramazan Antar – 'Killed While Fighting ISIS'". Huffington Post.
- ↑ Lion, Patrick. "Female soldier dubbed the 'Kurdish Angelina Jolie dies' while fighting ISIS in Syria". Mirror.
- ↑ McKernan, Bethan. "Kurdish 'Angelina Jolie' fighter reportedly killed fighting Isis". The Independent.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Gol, Jiyar. "Kurdish 'Angelina Jolie' devalued by media hype". BBC.
- ↑ Coghlan, Tom. "Heroine of the Kurds dies fighting ISIS suicide attack". The Times.
- ↑ Olmert, Josef. "The Kurds Are Betrayed Again — Never Mind Angelina Jolie". Huffington Post.
- ↑ "Kurdish Angelina Jolie Killed in Rojava". basnews.
- ↑ Francis, Nathan. "Asia Ramazan Antar killed: 19-year old called 'kurdish Angelina Jolie' sacrifices her life to stop ISIS suicide bombers". Inquisitr.