Asociación Coro Gospel Vida
Asociación Coro Gospel Vida | |
---|---|
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |
![]() | Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
A Asociación Coro Gospel Vida, tamén coñecida simplemente como Coro Gospel Vida, é unha asociación cultural adicada á formación musical e cultural arredor da música gospel e á difusión da idiosincrasia propia deste xénero musical e cultural. O seu eido de actuación é toda a comunidade galega e a súa sede atópase na cidade de Vigo.
Historia
[editar | editar a fonte]A Asociación creouse oficialmente no ano 2016, mais o seu percorrido cultural pódese rastrexar algún tempo antes da súa aparición no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia, onde se pode atopar baixo o nome de "Asociación Coro Góspel Vida" entre as asociacións do eido central.[1] A primeira referencia que se atopa na prensa local sobre esta asociación é no ano 2014 no diario La Voz de Galicia así como no Diario de Arousa.[2][3]
No ano 2016 produciuse a federación da asociación na Federación de Coros Gospel de España, tamén coñecida polo seu acrónimo Fedegospel.
Actividade
[editar | editar a fonte]O Coro Gospel Vida, ademais de ser unha asociación cultural ten unha clara vertente solidaria, pois a recadación de todas as súas actividades, principalmente concertos, é doada a alguna causa social da localidade.
No ano 2014 as localidades nas que realizaron actividades solidarias foron Cangas do Morrazo, Ribeira e Bueu.[4][5]
No ano 2015 visitaron coas súas actividades solidarias as localidades de Ferrol, Ribeira, Cangas do Morrazo, Bueu, Pontevedra e Vigo.[6][7][8][9][10]
No ano 2016 visitaron novamente Bueu e por primeira vez Santiago de Compostela, onde colaboraron na gravación do programa 1500 de "Nacer de Novo" para a Televisión de Galicia.[11] Además, neste ano realizaron en Vigo un taller de dous días sobre a música gospel co director e compositor sueco Joakim Arenius.
No ano 2017 realizaron en Bueu as II Xornadas Gospel Vida contando coa participación de Nancy Roncesvalles, directora do Coro Gospel de Madrid.[12] Ademais, realizaron concertos en Moaña,[13] Cangas do Morrazo,[14] Ribeira[15] e Ponteareas.[16]
No ano 2018 organizaron concertos en Vigo e Cee.[17][18][19]
Premios e recoñecementos
[editar | editar a fonte]O Coro Gospel Vida foi galardoado polo seu labor solidario no concello de Ribeira coa medalla do concello no ano 2015.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Publicación electrónica de rexistros administrativos - Xunta de Galicia". www.xunta.es. Consultado o 2020-01-12.
- ↑ "Un poblado navideño se suma en Ribeira al poder de atracción de la pista de patinaje sobre hielo". La Voz de Galicia (en castelán). 2014-12-10. Consultado o 2020-01-12.
- ↑ "La programación municipal navideña tendrá un componente muy solidario". Diario de Arousa (en castelán). Consultado o 2020-01-12.
- ↑ "Concierto de Gospel Vida en el Centro Social do Mar de Bueu". www.farodevigo.es (en castelán). Consultado o 2020-01-12.
- ↑ "SOS Sanidade Pública Bueu recoge cerca 2.000 kilos de comida y agradece la ayuda". www.farodevigo.es (en castelán). Consultado o 2020-01-12.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2016. Consultado o 13 de outubro de 2016.
- ↑ "Quien canta reza dos veces y sí lleva un kilo de arroz, tres". Pontevedra Viva (en castelán). Consultado o 2020-01-12.
- ↑ "Concierto Solidario de Gospel Vida para Mateo y el Banco de Alimentos". www.farodevigo.es (en castelán). Consultado o 2020-01-12.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2016. Consultado o 13 de outubro de 2016.
- ↑ "Góspel Vida ofrece un concierto en beneficio de las familias necesitadas de Valladares". www.farodevigo.es (en castelán). Consultado o 2020-01-12.
- ↑ "Nacer de Novo celebra con música y emoción sus 1.500 programas". Protestante Digital (en castelán). Consultado o 2020-01-12.
- ↑ http://concellodebueu.org/actividade.php?filId=1958&idioma=es&filDpto=0&filTipo=0&filEstado=0&filNome=0&filSel1=0&filSel2=1&filMenu=SUBMENU4&filIni=20[Ligazón morta]
- ↑ "Concierto benéfico en Moaña para el comedor social de Cangas". www.farodevigo.es (en castelán). Consultado o 2020-01-12.
- ↑ "Concierto del Coro Gospel Vida por los niños con cáncer". www.farodevigo.es (en castelán). Consultado o 2020-01-12.
- ↑ "Gospel, ferias de comercio y artesanía, magia o cine, entre las actividades del programa cultural de Ribeira para este verano". www.elcorreogallego.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2020. Consultado o 2020-01-12.
- ↑ "El Coro Gospel Vida canta para Bicos de Papel". La Voz de Galicia (en castelán). 2017-12-06. Consultado o 2020-01-12.
- ↑ "Á esCEEna! tira del Verán Cultural ceense". La Voz de Galicia (en castelán). 2018-08-04. Consultado o 2020-01-12.
- ↑ "A ritmo de gospel en la Praza da Pedra". Atlántico (en castelán). 2018-07-08. Consultado o 2020-01-12.
- ↑ "Cee abre hoy las fiestas de A Xunqueira con el pregón de Alberto R. Costa". La Voz de Galicia (en castelán). 2018-08-13. Consultado o 2020-01-12.