Asociación Couto Mixto de Bruxelas
Asociación Couto Mixto de Bruxelas | |
---|---|
Tipo | asociación |
Sede | Bruxelas |
País | Bélxica |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Asociación Couto Mixto de Bruxelas é unha asociación que pescuda a difusión na capital de Europa da realidade cultural galega en toda a súa riqueza e variedade, sen exclusión de calquera manifestación que se produza en Galicia.
A asociación constituíuse no ano 2006 e está rexistrada no Diario Oficial de Bélxica Moniteur Belge.
A pluralidade de opcións ideolóxicas caracteriza este novo colectivo emigrante en Bruxelas, fundamentalmente, mais non exclusivamente, profesionais adicados aos asuntos europeos, apostando pola identidade galega con toda a riqueza e diversidade dos seus matices.
Nome
[editar | editar a fonte]Escolleuse o nome "Couto Mixto", lugar de liberdade e autonomía entre dous estados, o español e o portugués, dende a Idade Media ata ben avanzado o século XIX. Preténdese que a asociación sexa un lugar de encontro.
De feito, un dos lugares onde máis actividades da asociación se realizan é na Librària Portuguesa e Galega Orfeu da capital belga.
Funcionamento
[editar | editar a fonte]A Asociación está legalmente constituída como asociación sen ánimo de lucro, o que en Bélxica se denomina como ASBL (Association sans but lucrative). Para o seu funcionamento carece de calquera tipo de axuda institucional en Bélxica e conta como recursos económicos principais as cantidades que xeran as cotas dos seus asociados.
Actividades
[editar | editar a fonte]Sendo unha asociación de xentes non vencelladas profesionalmente ao mundo da cultura e tendo por razón de ser a de facer visible na capital de Europa unha visión de Galicia alén do discurso institucional ou o tópico folclorista, as actividades da asociación céntranse esencialmente nas celebracións de eventos de difusión daquilo novo e diferenciado que hoxe en día estase a facer na sociedade e cultura galegas.