Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación
Aparencia
Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación | |
---|---|
Tipo | asociación profesional |
Campo de traballo | tradución |
Data de fundación | 2001 |
Sede | Oleiros |
País | Galicia |
Na rede | |
https://www.agpti.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación, coñecida a miúdo polo acrónimo AGPTI, é unha asociación galega do ámbito de tradución. Creouse no ano 2001 coa finalidade de servir de plataforma de comunicación entre profesionais para a defensa dos intereses dos traballadores da tradución e da interpretación. Tamén ten entre os seus obxectivos a difusión do galego como lingua de traballo neste sector e contaba en 2015 con algo máis de 100 membros.[1] A AGPTI forma parte da rede Vértice, que agrupa asociacións de tradución e interpretación de ámbito estatal.
En 2021 estaba presidida por Iria Taibo Corsanego.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ A AGPTI celebrou o Día Internacional da tradución coa presentación da súa Guía de inicio na profesión, artigo en Xornal de Galicia o 2 de outubro de 2014.