Asociación de Construtores de Fórmula Un
A Asociación de Construtores de Fórmula 1 (en inglés Formula One Constructors Association, FOCA) é unha organización dos fabricantes de chasis (construtores) que deseñan e constrúen os coches que corren no Campionato do Mundo de Fórmula Un da FIA.
Historia e características
[editar | editar a fonte]É unha derivación da anterior Asociación de Construtores de Fórmula 1 (F1CA, o nome foi cambiado debido ás connotacións desafortunadas nalgúns idiomas) e chegou a estar dominada por Bernie Ecclestone e Max Mosley (orixinalmente un cofundador de March Engineering). Frank Williams, Colin Chapman, Teddy Mayer, Ken Tyrrell eran tamén membros importantes. A FOCA serviu para representar os intereses dos seus equipos privados - polo xeral contra os organizadores das carreiras e máis tarde contra os fabricantes propietarios de equipos ou fornecedoresdoutros, como Ferrari, Matra e Alfa Romeo. Ecclestone converteuse en director executivo da organización en 1978, con Mosley asumindo o rol de asesor legal.
Na década de 1980, a organización rachou co organismo reitor do deporte - a FISA. A resolución deste conflito fixo que Ecclestone tomase un papel máis importante no funcionamento do deporte coa creación da FOA (Formula One Administration).