Asociación de Técnicos de Informática
Asociación de Técnicos de Informática | |
---|---|
Tipo | asociación profesional e organización sen ánimo de lucro |
Campo de traballo | Informática |
Data de fundación | 1967 |
País | España |
Na rede | |
http://www.ati.es | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Asociación de Técnicos de Informática (ATI) é unha asociación sen ánimo de lucro que agrupa a profesionais e estudantes do sector das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC). O seu ámbito é España, e nel a súa implantación está desenvolvida a través dos seus Capítulos Territoriais, entre eles o de Galicia. Fundada en 1967[1], é a asociación profesional española máis antiga adicada á informática, con sedes en Barcelona (sede xeral) e Madrid.
ATI publica en español a revista Novática, decana da prensa informática española, así como Revista Española de Innovación, Calidad e Ingeniería del Software. Dende 2000 a 2011 publica tamén a revista dixital en inglés UPGRADE: The European Journal for the Informatics Professional, por delegación doConsello de Sociedades Informáticas Profesionais Europeas (CEPIS).
ATI conta con dezaséis grupos de traballo[2] cubrindo diversas áreas do sector das TIC e participa, como entidade organizadora ou colaboradora, en eventos do sector.
ATI é a representante da profesión informática española na Federación Internacional para o Procesado da Información (IFIP)[3] e CEPIS[4], organización da que é membro fundador. Tamén conta cun acordo de colaboración coa Asociación para a Maquinaria de Cómputo (ACM)[5].
A nivel estatal estableceu acordos de colaboración ou vinculación con Ada Spain, ASTIC, Hispalinux, AI2 e a Asociación Nacional de Estudantes de Enxeñerías e Enxeñerías Técnicas en Informática (RITSI).
ATI expresa a súa posición sobre diversos temas (Software libre, estudos universitarios de Informática, Canon por copia privada, etc.) a través de comunicados, notas de prensa e editoriais da revista Novática.
En 2017 a Axencia Española de Protección de Datos impón a ATI dúas multas, unha de 45.000 € (infracción moi grave) por transmitir datos de carácter persoal fora do territorio do Espazo Económico Europeo, e outra de 5.000 € (infracción leve), por remitir correos electrónicos a través do servizo MailChimp de The Rocket Science Group LLC vulnerando o dereito dos destinatarios[6]. Os recursos de ATI contra das sancións son desestimados sucesivamente pola Audiencia Nacional[7] e o Tribunal Supremo de España[8].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ ATI y la Historia de la Informática. Periodo inicial (Visitada o 22-6-2015)
- ↑ Grupos de trabajo e interés (Visitada o 22-6-2015)
- ↑ IFIP - Members * (Visitada o 22-6-2015)
- ↑ "Council of European Professional Informatics Societies - ATI Among Pioneers of Spanish Web (Visitada o 22-6-2015)". Arquivado dende o orixinal o 22-06-2015. Consultado o 22-06-2015.
- ↑ Discounted Membership Dues for Joint Society Members — Association for Computing Machinery (Visitada o 22-6-2015)
- ↑ "Axencia Española de Protección de Datos. Procedemento Sancionador PS/00371/2016, Resolución R/00596/2017 do 22 de marzo de 2017. Consultado o 18-11-2019." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18-11-2019. Consultado o 18-11-2019.
- ↑ Audiencia Nacional. Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira. Recurso contencioso-administrativo 0000302/2017, Sentenza do 30 de novembro de 2018. Roj: SAN 4700/2018 - ECLI: ES:AN:2018:4700. Consultada o 18-11-2019.
- ↑ Tribunal Supremo. Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira. Recurso de queixa 103/2019, Auto do 26 de abril de 2019. Roj: ATS 4564/2019 - ECLI: ES:TS:2019:4564A. Consultado o 18-11-2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web de ATI
- Qué é ATI Arquivado 22 de xuño de 2015 en Wayback Machine.
- Bitácora de ATI Galicia
- CEPIS UPGRADE: The European Journal for the Informatics Professional
- Celebracións TIC Internacionais, un Calendario de Google mantido por ATI