Asociación do Fútbol Arxentino
CONMEBOL | |
---|---|
Fundación | 1893 |
Afiliación á FIFA | 1912 |
Afiliación á CONMEBOL | 1916 |
Presidente | Julio Grondona |
Sitio web | www.afa.org.ar |
A Asociación do Fútbol Arxentino (AFA) (en castelán: Asociación del Fútbol Argentino) é a institución responsable de organizar e regular os campionatos oficiais de fútbol da Arxentina. Tamén organiza o Campionato de Futsal AFA e os torneos de fútbol praia dese país. Foi fundada por Alejandro Watson Hutton en Buenos Aires o 21 de febreiro de 1893 (131 anos) co nome de Argentine Association Football League, sendo a máis antiga do continente. Tras un proceso de cambio de nomes, castelanización e fusións, adoptou en 1934 a denominación Asociación del Football Argentino e posteriormente en 1946 a súa denominación definitiva de Asociación del Fútbol Argentino. Está afiliada á FIFA dende 1912 e á Conmebol dende 1916 (foi un dos seus membros fundadores). Tamén é responsable das distintas seleccións nacionais.