Asociación para o Comercio Xusto e Solidario Panxea
Asociación para o Comercio Xusto e Solidario Panxea | |
---|---|
Tipo | organización non gobernamental |
Data de fundación | 1995 |
Sede | Santiago de Compostela |
País | Galicia |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Asociación para o Comercio Xusto e Solidario Panxea é unha organización non gobernamental de axuda ao desenvolvemento e comercio xusto situada en Santiago de Compostela.
Traballo e organización
[editar | editar a fonte]Foi fundada en 1995 por un antigo grupo de voluntarios que buscaban a súa propia maneira de facer chegar o consumo responsábel, o comercio xusto e a acción social a Santiago de Compostela e Galicia.[1]
Panxea é gobernada de maneira asemblearia polos seus membros, que organizados por comisións, presentan e discuten as súas propostas. Ademais da asemblea xeral anual, conta con reunións semanais, abertas á participación pública.[2]
Xunto ás actividades de educación social, sensibilización e axuda ao desenvolvemento, conta cunha tenda pública de produtos de comercio xusto e ecolóxico.
Forma parte da Rede Galega de Consumo Consciente e Responsábel, da Iniciativa pola Soberanía Alimentaria dos Pobos e do Espacio por un Comercio Justo (Espazo por un Comercio Xusto).[3]
Panxea recibiu o Premio Vagalume 2006 concedido polo Concello de Santiago ao proceso de sensibilización e difusión do Comercio Xusto levado a cabo na cidade, ademais doutros premios e citacións menores.[4]
Desde abril de 2010, Panxea organizouse coma Cooperativa Galega de Consumidores, baixo as siglas "Panxea S.C.G."[5]
A actividade principal de Panxea adscríbese ao comercio xusto. A difusión principal lévase a cabo nun establecemento de venda ao público.
Os produtos son adquiridos mediante importadoras de Comercio Xusto, encargadas de garantir a orixe e respecto de dito produto aos principios internacionais do Comercio Xusto.
Os produtos ecolóxicos obtéñense de produtores locais, fomentando cadeas curtas de distribución e o respecto polo medio ambiente.
O resto da educación, difusión e sensibilización lévase a cabo mediante a preparación de actos, conferencias e obradoiros.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Páx.1"Estatutos da Asociación Panxea". Asociación panxea. Arquivado dende o orixinal (Word) o 27 de xullo de 2011. Consultado o 2009-04-20.
- ↑ Páx.2"Estatutos da Asociación Panxea". Asociación panxea. p. 2. Arquivado dende o orixinal (Word) o 27 de xullo de 2011. Consultado o 2009-04-20.
- ↑ "Quen somos?". Archived from the original on 22 de febreiro de 2012. Consultado o 06 de decembro de 2016.
- ↑ "Premio Vagalume 2006". Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2011. Consultado o 21 de abril de 2009.
- ↑ "Nova Panxea". Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2011. Consultado o 05 de maio de 2010.