Asp (foguete)
Asp | |
---|---|
Función | Foguete sonda |
fabricante | Cooper Development Corporation |
país de orixe | Estados Unidos |
Tamaño | |
altura | 2,70 m |
diámetro | 0,17 m |
masa | 100 kg |
Etapas | 1 |
Lanzamento históricos | |
Estado | Retirado |
Total de lanzamentos | 30 |
exitosos | 14 |
fallos | 16 |
Voo inaugural | 1 de decembro de 1955 |
Último voo | 14 de xuño de 1962 |
Primeira etapa – Asp | |
altura | 2,70 m |
diámetro | 0,17 m |
masa baleiro | 18 kg |
masa cheo | 100 kg |
impulsado por | 1 |
potencia máxima | 26 kN |
propelente | Propelente sólido |
[ editar datos en Wikidata ] |
Asp (acrónimo de Atmospheric Sounding Projectile) foi a denominación dun modelo de foguete sonda estadounidense usado entre 1955 e 1963.
Características
[editar | editar a fonte]Asp foi deseñado pola Armada dos Estados Unidos de América para recoller mostras dos fungos atómicos resultantes das probas nucleares. Foi desenvolto pola Cooper Development Corporation e tras varias probas no polígono de White Sands usáronse durante as probas nucleares da operación Redwing. Máis tarde sería usado como etapa superior, xunto unha primeira etapa Nike, para investigar a atmosfera superior e facer estudos solares.
O Asp lanzábase desde un monorraíl de inclinación variable e levaba un transmisor de telemetría cun peso de entre 9 e 11 kg no morro. As aletas do Asp levaban bengalas para facilita-lo seguimento do foguete.[1]
Variantes
[editar | editar a fonte]Asp Apache
[editar | editar a fonte]O Asp Apache consistiu nun foguete sonda cunha primeira etapa Asp e unha segunda etapa Apache, chegando a alcanzar 120 km de altura. Só se lanzou un modelo, o 15 de novembro de 1961.
Notas
[editar | editar a fonte]- Mark Wade (2011). "Asp" (en inglés). Consultado o 20 de decembro de 2011.
- Mark Wade (2011). "Asp Apache" (en inglés). Consultado o 8 de abril de 2012.