Saltar ao contido

Aspidella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aspidella
Rango fósil: Ediacárico

Exemplares de Aspidella nun estrato da Formación Fermeuse, Terra Nova
Clasificación científica
Reino: incertae sedis
Xénero: Aspidella
Billings, 1872
Especie: A. terranovica
Nome binomial
Aspidella terranovica
Billings, 1872
Sinonimia

Posiblemente numerosa, ver texto.

Aspidella é un fósil que vivu no Ediacárico con forma de disco e de afinidades incertas.

Morfoloxía

[editar | editar a fonte]

Os Aspidella eran fósiles discoidais, con aneis concéntricos e/ou raios centrípetos. O diámetro dos individuos circulares variaba de 1 a 180 mm.[1]A maioría dos individuos están entre 4 e 10 mm, pero pénsase que os individuos menores degradábanse e desaparecían antes de fosilizar. Outros Aspidella teñen forma de elipse, de 3–8 cm de longo e 1–4 cm de largo. A maioría teñen un vultiño ou protuberancia central. As beiras e cristas de todos os espécimes están feitas de raios de bordo elevado e/ou aneis concéntricos.

Ecoloxía

[editar | editar a fonte]
Discos de Aspidella grandes e pequenos nunha superficie dun leito da Formación Fermeuse

A escaseza de individuos grandes probablemente indica que os Aspidella eran estrategas do r, que producían numerosa proxenie, a maioría da cal morría. É moi común en sedimentos de augas profundas, pero está presente na maioría das ensamblaxes de fósiles de Ediacara, incluíndo os depositados por riba da base de ondas de tormenta (profundidade á que as ondas xa non alteran os sedimentos do fondo).[2] Estes organismos podían alcanzar densidades de 3000 m−2.[2]

Afinidade

[editar | editar a fonte]

Igual que o taxon Ediacaria (ver tamén máis abaixo), Aspidella considerouse inicialmente un escifozoo (un tipo de augamar). Esta designación inicial foi despois refutada; demostrouse que algúns espécimes eran o disco de suxeición (unha especie de rizoide) dalgún organismo, cuxo corpo principal se estendía nas augas abertas pero que se desprendía antes da fosilización (uns poucos espécimes levan esbozos de pedúnculos opostos ao vultiño central ao que se unían);[3][4] mentres que outros representaban colonias microbianas.[5]

Algúns individuos están asociados con rastros de movementos deixados no sedimento que lembran os producidos hoxe polas modernas anemones (Cnidaria).[6]

Tafonomía

[editar | editar a fonte]

As superficies superior e inferior dos fósiles teñen unha composición elemental distintiva que lembra a de biopelículas fosilizadas.[2] O sedimento dentro dos fósiles tan tamén unha composición distintiva, xa que está enriquecido en certos elementos con respecto á matriz de rocha. Como é difícil explicar esa distribución de elementos por procesos diaxenéticos post mortem, parece que os elementos (e os sedimentos) foron incorporados ao interior do organismo cando este estaba vivo.[2]

Historia da investigación

[editar | editar a fonte]

Aspidella terranovica foi descuberta en 1868 polo xeólogo escocés Alexander Murray[7] e foi o primeiro fósil do Ediacárico nomeado.[8] En 1872, Elkanah Billings describiu fósiles de Aspidella terranovica da rúa Duckworth de St. John's, Terra Nova (47°34′01.3″N 52°42′18.3″O / 47.567028, -52.705083 (Aspidella)).[9] Estaban nun afloramento de lousas negras do Precámbrico accesible nunha rúa da cidade. Billings era o paleontólogo xefe do Geological Survey of Canada daquela. Aínda así, o seu descubrimento foi cuestionado por Charles Doolittle Walcott, que citou a opinión de que as formas conservadas nas rochas eran concrecións formadas inorganicamente.[10] Outras explicacións que se deron nesa época foron que os círculos eran orixinados polo escape de burbullas, ou mesmo simulacións enganosas colocadas alí por Deus para levar ao erro aos que tiñan pouca fe. Foron os primeiros fósiles da biota de Ediacara (do Ediacárico ou Vendiano) descritos por un científico.

Durante décadas, Aspidella e os fósiles do seu tipo non foron considerados formas de vida do Precámbrico. Houbo que esperar aos traballos realizados por Reg Sprigg, que descubriu os fósiles de Ediacara Hills, para que fosen recoñecidos.[11] Fósiles como estes atopáronse en moitas outras partes do mundo en rochas de aproximadamente a mesma idade e acabaron sendo aceptados como auténticos restos de formas de vida.

Sistemática e taxonomía

[editar | editar a fonte]
Discos de 1-2 centiímetros de ancho de Aspidella (e algúns individuos máis pequenos dalgúns milímetros) nun leito fosilizado da Formación Fermeuse preto de Ferryland, Terra Nova

O nome Aspidella deriva do grego antigo aspis (Ασπις, un escudo redondo) coa terminación do diminutivo latino e terranovica en latín significa 'da terra nova', referíndose á illa de Terra Nova.

Diferentes formas morfolóxicas denomináronse Ediacaria ou Spriggia. Porén, as diferenzas entre os Aspidella "típicos" pequenos e elípticos, os Spriggia wadea planos e anelados e os Ediacaria grandes, con protuberancia central e raios débense a unhas diferentes condicións tafonómicas. Por exemplo, Spriggia e Ediacaria parecen ser restos dos mesmos animais, só que o primeiro fosilizou nunha arxila de gran fino mais compacta, mentres que o último atopouse en rochas que orixinalmente eran sedimentos predominantemente areosos.

Outros numerosos nomes de taxons poderían ser sinónimos júnior de Aspidella, como:

Debido á súa natureza non descrita, Aspidella pode considerarse un taxon forma, unha ensamblaxe artificial de organismos de aspecto e forma de vida similar sen relación filoxenética. Nese caso, algúns supostos sinónimos (como Ediacaria ou Cyclomedusa) poderían seguir sendo válidos. Os espécimes tipo eran os de tipo elipsoide (perdéronse, pero queda un molde). Así, se Aspidella no sentido amplo acaba por ser unha ensamblaxe de taxons máis ou menos relacionados, o nome do xénero aplicaríase só aos espécimes elipsoides pequenos. Independentemente da súa clasificación final, porque foi clasificado como animal, alga, ou fungo (lique), o nome Aspidella está aceptado en ambos os códigos de nomenclatura, e isto impide a adopción dun homónimo posterior "Aspidella" (Gilbert 1940) para un grupo de cogomelos hoxe existentes, que foron renomeados como Saproamanita.[12]

Dsitribución

[editar | editar a fonte]

Outros lugares onde se atoparon espécimes de Aspidella foron a península de Bonavista e o Mistaken Point en Terra Nova, a Formación Twitya na Columbia Británica e na Carolina do Norte central.[13]

Os fósiles de Aspidella atópanse en estratos desde hai 610 a 555 millóns de anos, con posibles representantes que datan de hai 770 millóns de anos.[14]

  1. Peterson, Kevin J.; Waggoner, Ben; Hagadorn, James W. (2003). "A Fungal Analog for Newfoundland Ediacaran Fossils?" (PDF). Integrative and Comparative Biology 43: 127–136. PMID 21680417. doi:10.1093/icb/43.1.127. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Laflamme, M.; Schiffbauer, J. D.; Narbonne, G. M.; Briggs, D. E. G. (2010). "Microbial biofilms and the preservation of the Ediacara biota". Lethaia 44 (2): 203–213. doi:10.1111/j.1502-3931.2010.00235.x. 
  3. Narbonne, G. M. (2005). "THE EDIACARA BIOTA: Neoproterozoic Origin of Animals and Their Ecosystems". Annual Review of Earth and Planetary Sciences 33: 421–442. Bibcode:2005AREPS..33..421N. doi:10.1146/annurev.earth.33.092203.122519. 
  4. MacGabhann, B. A. (2007). "Discoidal fossils of the Ediacaran biota: a review of current understanding". Geological Society, London, Special Publications 286 (1): 297–313. Bibcode:2007GSLSP.286..297M. doi:10.1144/SP286.21. 
  5. GRAZHDANKIN, D.; GERDES, G. (2007). "Ediacaran microbial colonies". Lethaia 40 (3): 201–210. doi:10.1111/j.1502-3931.2007.00025.x. Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2013. Consultado o 18 de agosto de 2020. 
  6. Evidence for Cnidaria-like behavior in ca. 560 Ma Ediacaran Aspidella. Artigo en Geology 41:895-898 · Febreiro de 2013
  7. Ver:
  8. Gehling, James G.; Narbonne, Guy M.; Anderson, Michael M. (2000). "The first named Ediacaran body fossil, "Aspidella terranovica"". Palaeontology 43 (3): 427–456. doi:10.1111/j.0031-0239.2000.00134.x. 
  9. Billings, E. (1872). "On some fossils from the primordial rocks of Newfoundland". The Canadian Naturalist. 2nd series 6 (4): 465–479.  ; ver p. 478.
  10. Walcott, Charles D. (6 April 1899). "Pre-Cambrian fossiliferous formations". Bulletin of the Geological Society of America 10 (1): 199–244. Bibcode:1899GSAB...10..199W. doi:10.1130/GSAB-10-199. hdl:2027/hvd.32044107306292.  On p. 231, Walcott cita: "Mr. G.F. Matthew, de Saint John, Nova Brunswick": "Observei Aspidella terranovica no museo de Ottawa e dubido da súa orixe orgánica. Paréceme unha concreción de lama pulida e estriada pola presión."
  11. Sprigg, Reg. C. (1947). "Early Cambrian (?) jellyfishes from the Flinders Ranges, South Australia". Transactions of the Royal Society of South Australia 71 (2): 212–224. 
  12. Redhead SA, Vizzini A, Drehmel DC, Contu M (2016). "Saproamanita, a new name for both Lepidella E.-J. Gilbert and Aspidella E.-J. Gilbert (Amaniteae, Amanitaceae)". IMA Fungus 7 (1): 119–129. PMC 4941681. PMID 27433443. doi:10.5598/imafungus.2016.07.01.07. 
  13. Hibbard, J. P.; Pollock, J. C.; Brennan, M.; Samson, S. D.; Secor, D. (2009). "Significance of New Ediacaran Fossils and U‐Pb Zircon Ages from the Albemarle Group, Carolina Terrane of North Carolina". The Journal of Geology 117 (5): 487–498. Bibcode:2009JG....117..487H. doi:10.1086/600863. 
  14. Meert, J. G.; Gibsher, A. S.; Levashova, N. M.; Grice, W. C.; Kamenov, G. D.; Rybanin, A. (2010). "Glaciation and ~770 Ma Ediacara (?) Fossils from the Lesser Karatau Microcontinent, Kazakhstan". Gondwana Research 19 (4): 867–880. Bibcode:2011GondR..19..867M. doi:10.1016/j.gr.2010.11.008. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]