Associated British Foods
Associated British Foods | |
---|---|
![]() | |
Tipo | empresa de alimentación, negocio, empresa e empresa de capital aberto |
Data de fundación | 1935 |
Presidente/a | |
Director/a | George G. Weston |
Nº de empregados | 102.000 ![]() |
Sede | Londres |
País | Reino Unido |
Na rede | |
http://abf.co.uk | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Associated British Foods é unha empresa multinacional británica de procesamento de alimentos con sede en Londres, Reino Unido, con operacións en 46 países.[1] A división de ingredientes da compañía considérase a maior do mundo, tamén posúe unha división de supermercados e é un gran fabricante de produtos de mercería e posúe marcas famosas como Ovomaltine e Fleischmann.
Primark
[editar | editar a fonte]A división retallista do grupo, chamada Primark, ten preto de 200 tendas no Reino Unido e en Estados membros da UE como Bélxica, Alemaña, Irlanda, Holanda, Portugal e España. Primark é empresa irlandesa, fundada en Dublín en 1969 baixo o nome de Penneys, pero a súa expansión fóra de Irlanda levouna a operar baixo ese nome para evitar confusións con a cadea estadounidense J.C. Penney.
Aínda que Primark é subsidiaria de Associated British Foods (ABF), mantén a sede central en Irlanda.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "ABF". abf.co.uk (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2012.
- ↑ "Nuestra historia". corporate.primark.com (en castelán e inglés). Consultado o 2025-01-03.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]- Javier Chércoles Blázquez (conselleiro da empresa desde 2025)
![]() |
Este artigo sobre economía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |