A.S. Roma
Roma | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Associazione Sportiva Roma | |||
Fundación | 22 de xullo de 1927 (97 anos) | |||
Estadio | Stadio Olimpico, Roma, Italia | |||
Inauguración | 1930 | |||
Capacidade | 72 698 | |||
Presidente | James Pallotta | |||
Adestrador | Rudi Garcia | |||
Liga | Serie A | |||
2023/24 | 6º | |||
Na rede | ||||
http://www.asroma.it/ | ||||
| ||||
A Associazione Sportiva Roma é un club de fútbol de Italia, radicado na cidade de Roma na rexión do Lacio. Fundouse en 1927, participou permanentemente na máxima categoría do fútbol italiano dende a creación desta, ausentándose unicamente na tempada 1951-52.
Até o momento, a Roma consagrouse campión da Serie A italiana en 3 ocasións, ademais de adxudicarse a Copa de Italia en 9 ocasiónss. A nivel internacional, conquistou a Copa de Feiras na tempada 1960-61 e alcanzou a final da Copa de Europa en 1983-84 e da Copa da UEFA en 1990-91.
Exerce como local no Stadio Olimpico di Roma, o cal comparte co seu tradicional rival SS Lazio. Cunha capacidade de 81 903 espectadores é o segundo estadio con maior capacidade en Italia, só por detrás do Estadio Giuseppe Meazza de Milán, e está considerado, segundo os parámetros da UEFA, como un reduto de 5 estrelas.
Foi elixido catro veces pola IFFHS como o Mellor equipo do mundo do mes.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: A.S. Roma |