Aston Martin DBS V12
Aston Martin DBS V12 | |
---|---|
Marca | Aston Martin |
Fabricante | Aston Martin |
País | Reino Unido |
Período | ╴2012 |
Deseño | Marek Reichman |
Montaxe | Gaydon, Warwickshire, UK |
Configuración | |
Segmento | Segmento S |
Plataforma | VH Generation II |
Carrozaría | Cupé de 2 portas Cabriolé de 2 portas Cupé 2+2 de 2 portas |
Configuración | Motor central dianteiro, tracción traseira |
Tren motriz | |
Motor | 5.9 L AM08 V12 |
Dimensións | |
Distancia eixes | 2741 mm |
Lonxitude | 4722 mm |
Anchura | 2060 mm |
Altura | 1280 mm |
Peso | 1695 kg (cupé) e 1,810 kg |
Cronoloxía | |
← Aston Martin Vanquish 1ª xeración Aston Martin Vanquish 2ª xeración → | |
[ Commons ] [ Wikidata ] |
O Aston Martin DBS V12 é un superdeportivo de altas prestacións deseñado e fabricado por Aston Martin. Dende o intre en que este modelo se presentou, pasou a ser unha icona da marca británica e moitos entendidos do mundo do motor afirman que aínda segue a ser a imaxe de Aston Martin. Malia ser oficialmente presentado no Pebble Beach Concours d'Elegance de 2007, este modelo Aston xa se dera a coñecer no ano 2006 no filme 007 Casino Royale.[1] Cando saíu á venda no 2008, a versión cupé de cambio manual tiña un prezo de 276 837 €, mentres que o modelo con cambio automático custaba 282 124 €. O coche construíase na fábrica de Gaydon (Inglaterra) e o motor na planta de Colonia (Alemaña). Ademais da versión cupé, tamén se creou a versión Volante (convertible) que roldaba os 295 000 €.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El nuevo Aston Martin de James Bond". autopista.es (en castelán). 17 de novembro de 2006. Consultado o 5 de maio de 2013.
- ↑ "Aston Martin DBS". km77 (en castelán). 6 de agosto de 2009. Consultado o 5 de maio de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aston Martin DBS V12 |