Astrid 2
Astrid 2 | |
---|---|
Tipo | Científico |
Organización | Corporación Espacial Sueca |
Destino actual | Fóra de servizo en órbita terrestre. |
Satélite de | Terra |
Data de lanzamento | 10 de decembro de 1998, 11:57 GMT[1][2][3] |
Foguete portador | Kosmos 3M[2][4] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Plesetsk[2] |
Duración da misión | 7,5 meses[4] |
Obxectivo da misión | Estudo da magnetosfera terrestre.[2] |
NSSDC ID | 1998-072B |
Masa | 30,0 kg[2][4] |
Dimensións | 1,7 x 1,1 x 0,3 m (cos paneis solares estendidos)[2] |
Potencia | 90 W[2][5] |
Datos orbitais | |
Inclinación | 83,0°[1] |
Apoapse | 1015,1 km[1] |
Periapse | 980,1 km[1] |
Astrid 2 ou Astrid 1 foi un satélite artificial sueco lanzado o 10 de decembro de 1998 mediante un foguete Kosmos 3M desde o cosmódromo de Plesetsk.[2][3][4][5]
Características
[editar | editar a fonte]Astrid 2, o mesmo que o seu predecesor, Astrid 1, usaba a plataforma FREJA-C e foi lanzado coa misión de estudar a magnetosfera terrestre e a atmosfera superior. Entre os seus obxectivos estaban facer medicións de alta resolución dos campos eléctrico e magnético na rexión auroral, medir a densidade de electróns e da súa distribución xunto coa dos ións e facer fotografías no ultravioleta da actividade auroral e atmosférica. O satélite foi desenvolvido pola Corporación Espacial Sueca.[2][4][5]
O satélite estabilizábase mediante xiro, co seu eixo de xiro apuntando cara ao Sol. Os paneis solares proporcionaban ata 90 vatios de potencia a 28 voltios. As comunicacións tiñan lugar en banda S, cunha taxa de baixada de ata 128 kbps. O tamaño da nave, cos paneis despregados, era de 1,7 x 1,1 x 0,3 m.[2][4][5]
O 24 de xullo de 1999 perdeuse contacto con Astrid 2, 7,5 meses despois do lanzamento e despois de recoller gran cantidade de información científica.[2]
Instrumentación
[editar | editar a fonte]Astrid 2 levaba catro instrumentos a bordo:[2][4]
- EMMA (Electrical and Magnetic field Monitoring of the Aurora): para medir tanto o campo eléctrico como o magnético.
- LINDA (Langmuir INterferometer and Density experiment for Astrid-2): consistía en dúas esferas de 10 mm de diámetro colocadas ao final de sendos mastros de 0,61 m de lonxitude (cunha separación total entre as esferas de 2,9 m) para medir a distribución de plasma.
- MEDUSA (Miniaturized Electrostatic DUal-tophat Spherical Analyzer): espectrómetro de ións e electróns.
- PIA (Photometers for Imaging the Aurora): composto por dous fotómetros para obter imaxes das auroras e medir a absorción no ultravioleta da atmosfera.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "ASTRID 2" (en inglés). Consultado o 16 de xuño de 2018.
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 NASA (21 de marzo de 2017). "Astrid 2" (en inglés). Consultado o 16 de xuño de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 "Note verbale dated 1 February 1999 from the Permanent Mission of Sweden to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (99-81237(E)). 19 de febreiro de 1999. Consultado o 16 de xuño de 2018.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Gunter Dirk Krebs (2018). Gunter's Space Page, ed. "Astrid 2" (en inglés). Consultado o 16 de xuño de 2018.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Mark Wade (2018). "Astrid-2" (en inglés). Consultado o 16 de xuño de 2018.