Ataúro
(pt) Ataúro (tet) Ataúru | |||||
Tipo | illa Municipios de Timor Leste | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
División administrativa | Timor Leste | ||||
| |||||
Características | |||||
Superficie | 140,1 km² | ||||
Historia | |||||
Data de creación ou fundación | 1 de xaneiro de 2022 | ||||
Actividade | |||||
Uso | centro penitenciario | ||||
Ataúro, tamén chamada Pulau Atauro ou Atauro, é unha illa e tamén un subdistrito do distrito de Dili, localizado a aproximadamente 25 km ao norte de Dili, capital de Timor Oriental. Abarca unha área de 105 km² e ten unha poboación aproximada de 8.000 persoas, a capital da illa é a localidade de Vila (ou Maumeta). Atauro significa "Cabra" na lingua local, e tamén é coñecida como Illa Kambing (ou Pulau Kambing) polos indonesios, ("Kambing" significa 'cabra' na lingua Indonesia), o seu nome débese á gran cantidade de cabras que se atopan alí.
Historia
[editar | editar a fonte]Atauro foi colonizada como o resto de Timor-Leste por Portugal, no século XVI, sendo utilizada como unha illa prisión logo da chegada dos portugueses. Como parte da Colonia de Timor Portugués, a illa de Ataúro foi organizada administrativamente, como parte do municipio de Dili, existe unha proposta para reorganizar os distritos e facer de Ataúro unha área autonóma, pero entre tanto continúa como un subdistrito de Dili. En maio de 2002, logo de décadas de ocupación indonesia, Atauro volveuse parte do estado independente de Timor-Leste.
Cultura
[editar | editar a fonte]Ataúro é unha illa cunha cultura particular dentro de Timor-Leste posto que os habitantes da parte norte da illa son cristiáns protestantes e (non Católicos como no resto do país), isto débese a que foron evanxelizados por unha misión da igrexa Calvinista Holandesa, aínda que tamén se poden atopar algúns protestantes ao sur da illa.