Atahíde
Aparencia
Atahíde | |
---|---|
Orixe | Pontedeume, Galicia ![]() |
Período | Segunda metade da última década do século XX |
Xénero(s) | folk galego |
Membros | Manu Moares, Nando Vila, Xosé Dobarro, Sabela García, Emilio Mesías, Ana Leira |
O grupo Atahíde era un grupo de música tradicional galega que desenvolveu o seu traballo durante a segunda metade da década dos noventa do pasado século. Son orixinarios de Pontedeume.
Compoñentes
[editar | editar a fonte]Tres dos seus membros viñan do grupo Iriadona, que había pouco tempo cesara as súas actividades. Eles son:
- Xosé Dobarro: Gaita, frauta traveseira.
- Nando Vila: Whistles, percusión.
- Manu Moares: Mandola.
Uníronselles:
- Sabela García: Violín, pandeireta.
- Emilio Mesías: Teclados, acordeón.
- Ana Leira: Voz, violonchelo, pandeireta (compoñente tamén de Faltriqueira).
Traballos
[editar | editar a fonte]Atahíde | |
---|---|
Álbum de Atahíde | |
Xénero(s) | Folk |
[ editar datos en Wikidata ] | |
En xaneiro de 1998 gravaron unha maqueta nos estudos de Víctor Gacio en Serantes, Ferrol, cun total de cinco cancións:
- Danzares-muiñeira do Centolo (Emilio Mesías)
- O xastre (tradicional)
- Jota de Pontevedra (tradicional)
- O xustillo (tradicional)
- Agarimosilla (Antonio Leira)
En xullo dese mesmo ano, participan nun CD dobre chamado Musiceum onde participaron a práctica totalidade dos músicos eumeses do momento, e de tódolos estilos. As dúas cancións elixidas para este CD son Jota de Pontevedra e O xustillo[1].
A disolución do grupo coincide coa chegada do novo século.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 5 de xullo de 1998