Atentado na sede de Charlie Hebdo
Atentado na sede de Charlie Hebdo | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | tiroteo masivo e atentado terrorista ![]() | |||
Parte de | atentados de xaneiro 2015 en Francia e terrorismo en Francia ![]() | |||
Localización | ||||
Localización | 10 rue Nicolas-Appert ![]() | |||
| ||||
Estado | Francia | |||
Institución pública | Metrópole do Gran París | |||
Colectividade territorial francesa cun status especial | París | |||
Distrito municipal | 11º distrito de París ![]() | |||
Data | ||||
Data | 7 de xaneiro de 2015 ![]() | |||
Características | ||||
Obxectivo | Charlie Hebdo ![]() | |||
Causado por | terrorismo islámico e islamofascismo ![]() | |||
Causa de | Reações internacionais do massacre do Charlie Hebdo (pt) ![]() ![]() ![]() | |||
Armamento | Zastava M70, Škorpion vz. 61, lanzagranadas, Tokarev TT-33 e acción de bombeo ![]() | |||
Implicados | ||||
Perpetrador | Chérif Kouachi e Saïd Kouachi ![]() | |||
Vítima | Frédéric Boisseau, Franck Brinsolaro, Cabu, Philippe Honoré, Georges Wolinski, Bernard Maris, Mustapha Ourrad, Elsa Cayat, Michel Renaud, Philippe Lançon, Fabrice Nicolino e Laurent Sourisseau ![]() | |||
No implicados | ||||
No perpetradores | 2 ![]() | |||
No feridos | 11 ![]() | |||
No mortes | 12 ![]() | |||
[ Wikidata ] |
O atentado na sede de Charlie Hebdo ocorreu o 7 de xaneiro de 2015, arredor das 10:30 (UTC). Dous homes encarapuchados e armados con rifles Kalashnikov, unha escopeta e un lanzagranadas entraron na sede do xornal satírico francés Charlie Hebdo en París, que recibira a atención internacional polas súas regulares representacións satíricas de Mahoma.[1][2][3][4][5] O ataque rematou coa morte de 12 persoas, incluíndo o editor Stéphane "Charb" Charbonnier, oito empregados de Charlie Hebdo e dous oficiais da Policía Nacional,[6] mentres 11 persoas resultaron feridas.[7][8][9]
Os homes armados entraron no edificio e comezaron a disparar coas armas automáticas, ó tempo que berraban "Allahu Akbar", en árabe "Deus é grande".[10] Producíronse máis 50 disparos durante o ataque.[11]
Varias persoas foron detidas pola súa conexión co ataque, namentres a captura dos dous principais sospeitosos segue o seu curso.[6] Un terceiro sospeitoso foi identificado pola policía e entregouse el mesmo, non hai cargos contra el.[6] Os asaltantes foron descritos pola policía como "armados e perigosos", e o nivel de ameaza en Illa de Francia e Picardía foi elevado ó máximo posible.[6] O 9 de xaneiro, os asaltantes foron identificados pola policía nunha área industrial de Sena e Marne, onde tomaron un refén.[12] A conexión entre o atentado de Charlie Hebdo e outro ataque en Montrouge por un cuarto sospeitoso foi confirmada. Estoutro asaltante tomou reféns preto de Porte de Vincennes.[13] Forzas da policía foron conducidas até Dammartin e Porte de Vincennes de xeito simultáneo, e conseguiron acabar con tódolos asaltantes. No proceso, algúns reféns foron feridos ou mortos.[14]François Hollande confirmou que catro persoas foron asasinadas no secuestro do supermercado de Vincennes.[15]
Este incidente é o acto de terrorismo máis mortal en Francia dende o tren bomba de Vitry-Le-François en 1961, levado a cabo pola organización paramilitar OAS que se opoñía á independencia de Alxeria, e que se saldou con 28 persoas mortas.[16]
Os traballadores restantes de Charlie Hebdo anunciaron que continuarán coa publicación, imprimíndose a edición da vindeira semana como de costume,[17] pero cunha tirada meirande, con máis dun millón de exemplares.[18] A tirada finalmente chegou ós cinco millóns, despois de ser ampliada.[Cómpre referencia]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "12 dead in 'terrorist' attack at Paris paper". Yahoo News. 7 de xaneiro de 2015.
- ↑ Ben Doherty. "Tony Abbott condemns 'barbaric' Charlie Hebdo attack in Paris". the Guardian.
- ↑ Mejia, Paula (7 de xaneiro de 2015). "Four Victims of Charlie Hebdo Attack Identified". newsweek.com. Consultado o 8 de xaneiro de 2015.
- ↑ "BBC News – Charlie Hebdo: Major manhunt for Paris gunmen". BBC News. Consultado o 8 de xaneiro 2015.
- ↑ "Charlie Hebdo attack: Paris police name three suspects in manhunt as Kouachi brothers and surrendered 18-year-old 'accomplice'". The Independent.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 Police converge on area north-east of Paris in hunt for Charlie Hebdo killers, The Guardian. Consultado o 8 de xaneiro de 2015.
- ↑ Kim Willsher (7 de xaneiro de 2015). "Satirical French magazine Charlie Hebdo attacked by gunmen". The Guardian. Consultado o 7 de xaneiro de 2015.
- ↑ "Gun attack on French magazine Charlie Hebdo kills 11". BBC News. 7 de xaneiro de 2015. Consultado o 7 de xaneiro de 2015.
- ↑ "Charlie Hebdo attack: 12 dead in Paris, manhunt on". CNN. Consultado o 7 de xaneiro de 2015.
- ↑ "Les deux hommes criaient "Allah akbar" en tirant". L'essentiel Online.
- ↑ "Charlie Hebdo attack – latest". BBC News. 7 de xaneiro de 2015. Consultado o 7 de xaneiro de 2015.
- ↑ "Charlie Hebdo: major operation north-east of Paris in hunt for suspects – live updates". The Guardian. 9 de xaneiro de 2015.
- ↑ "EN DIRECT. Porte de Vincennes : 5 personnes retenues en otage dans une épicerie casher". leparisien.fr. 9 de xaneiro de 2015.
- ↑ "EN DIRECT – Les frères Kouachi et le tireur de Montrouge abattus simultanément". Le Figaro.
- ↑ theguardian.com
- ↑ Pech, Marie-Estelle (7 de xaneiro de 2015). "L'attentat le plus meurtrier depuis Vitry-Le-François en 1961". Le Figaro. Consultado o 7 de xaneiro 2015.
- ↑ "Charlie Hebdo will come out next week, despite bloodbath". The Times of India. 8 de xaneiro de 2015.
- ↑ Martinson, Jane; Sweney, Mark (8 de xaneiro de 2015). "Charlie Hebdo staff vow to print 1 m copies as French media support grows". The Guardian. Londres. Consultado o 8 de xaneiro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Atentado na sede de Charlie Hebdo ![]() |