Atentado na sede de Charlie Hebdo
Atentado na sede de Charlie Hebdo | |
---|---|
Periodistas e policías no lugar dos feitos, momentos despois do atentado. | |
Lugar | Rue Nicolas-Appert, 10 XI distrito de París |
Coordenadas | 48°51′33″N 2°22′13″L / 48.859166666667, 2.3702777777778 |
Branco(s) | Semanario satírico Charlie Hebdo |
Data | 7 de xaneiro de 2015 ~ 11:00 a. m. (UTC +1) |
Tipo de ataque | Tiroteo |
Arma(s) |
|
Mortos | 12 |
Feridos | 11 |
Perpetrador(es) | Al Qaeda[7] Saïd Kouachi, Chérif Kouachi e quizais unha terceira persoa[8][9] |
[ editar datos en Wikidata ] |
O atentado na sede de Charlie Hebdo ocorreu o 7 de xaneiro de 2015, arredor das 10:30 (UTC). Dous homes encarapuchados e armados con rifles Kalashnikov, unha escopeta e un lanzagranadas entraron na sede do xornal satírico francés Charlie Hebdo en París, que recibira a atención internacional polas súas regulares representacións satíricas de Mahoma.[10][11][12][13][14] O ataque rematou coa morte de 12 persoas, incluíndo o editor Stéphane "Charb" Charbonnier, oito empregados de Charlie Hebdo e dous oficiais da Policía Nacional,[15] mentres 11 persoas resultaron feridas.[16][17][18]
Os homes armados entraron no edificio e comezaron a disparar coas armas automáticas, ó tempo que berraban "Allahu Akbar", en árabe "Deus é grande".[19] Producíronse máis 50 disparos durante o ataque.[20]
Varias persoas foron detidas pola súa conexión co ataque, namentres a captura dos dous principais sospeitosos segue o seu curso.[15] Un terceiro sospeitoso foi identificado pola policía e entregouse el mesmo, non hai cargos contra el.[15] Os asaltantes foron descritos pola policía como "armados e perigosos", e o nivel de ameaza en Illa de Francia e Picardía foi elevado ó máximo posible.[15] O 9 de xaneiro, os asaltantes foron identificados pola policía nunha área industrial de Sena e Marne, onde tomaron un refén.[21] A conexión entre o atentado de Charlie Hebdo e outro ataque en Montrouge por un cuarto sospeitoso foi confirmada. Estoutro asaltante tomou reféns preto de Porte de Vincennes.[22] Forzas da policía foron conducidas até Dammartin e Porte de Vincennes de xeito simultáneo, e conseguiron acabar con tódolos asaltantes. No proceso, algúns reféns foron feridos ou mortos.[23]François Hollande confirmou que catro persoas foron asasinadas no secuestro do supermercado de Vincennes.[24]
Este incidente é o acto de terrorismo máis mortal en Francia dende o tren bomba de Vitry-Le-François en 1961, levado a cabo pola organización paramilitar OAS que se opoñía á independencia de Alxeria, e que se saldou con 28 persoas mortas.[25]
Os traballadores restantes de Charlie Hebdo anunciaron que continuarán coa publicación, imprimíndose a edición da vindeira semana como de costume,[26] pero cunha tirada meirande, con máis dun millón de exemplares.[27] A tirada finalmente chegou ós cinco millóns, despois de ser ampliada.[Cómpre referencia]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Paris Charlie Hebdo attack: live". The Telegraph (en inglés). 7 de xaneiro de 2015.
- ↑ "12 dead in 'terrorist' attack at Paris paper". Yahoo News (en inglés). 7 de xaneiro de 2015.
- ↑ Doherty, Ben. "Tony Abbott condemns 'barbaric' Charlie Hebdo attack in Paris". The Guardian (en inglés).
- ↑ Mejia, Paula (7 de xaneiro de 2015). "Four Victims of Charlie Hebdo Attack Identified". Newsweek (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2015.
- ↑ Woolf, Christopher (15 de xaneiro de 2015). "Where did the Paris attackers get their guns?". PRI The World® (en inglés) (Minneapolis: Public Radio International). Consultado o 16 de xaneiro de 2015.
The weapons seen in various images of the attackers include a variant of the famous AK47; a Czech-made sub-machine gun called a Scorpion; several Russian-designed Tokarev TT pistols and a grenade or rocket launcher — probably the Yugoslav M80 Zolja.
- ↑ "Charlie Hebdo shooting: At least 12 killed as shots fired at satirical magazine's Paris office". The Independent (en inglés). 7 de xaneiro de 2015. Consultado o 9 de xaneiro de 2015.
- ↑ Al Qaeda reivindica el atentado de hace una semana en París Telam - 14 de enero de 2015
- ↑ "French police ID 3 suspects in attack on newspaper" (en inglés). Newsday. 7 de xaneiro de 2015. Consultado o 8 de xaneiro de 2015.[Ligazón morta]
- ↑ "Charlie Hebdo shooting: twelve dead at Paris offices of satirical magazine – live updates". The Guardian (en inglés). 7 de xaneiro de 2015. Consultado o 7 de xaneiro de 2015.
- ↑ "12 dead in 'terrorist' attack at Paris paper". Yahoo News. 7 de xaneiro de 2015.
- ↑ Ben Doherty. "Tony Abbott condemns 'barbaric' Charlie Hebdo attack in Paris". the Guardian.
- ↑ Mejia, Paula (7 de xaneiro de 2015). "Four Victims of Charlie Hebdo Attack Identified". newsweek.com. Consultado o 8 de xaneiro de 2015.
- ↑ "BBC News – Charlie Hebdo: Major manhunt for Paris gunmen". BBC News. Consultado o 8 de xaneiro 2015.
- ↑ "Charlie Hebdo attack: Paris police name three suspects in manhunt as Kouachi brothers and surrendered 18-year-old 'accomplice'". The Independent.
- ↑ 15,0 15,1 15,2 15,3 Police converge on area north-east of Paris in hunt for Charlie Hebdo killers, The Guardian. Consultado o 8 de xaneiro de 2015.
- ↑ Kim Willsher (7 de xaneiro de 2015). "Satirical French magazine Charlie Hebdo attacked by gunmen". The Guardian. Consultado o 7 de xaneiro de 2015.
- ↑ "Gun attack on French magazine Charlie Hebdo kills 11". BBC News. 7 de xaneiro de 2015. Consultado o 7 de xaneiro de 2015.
- ↑ "Charlie Hebdo attack: 12 dead in Paris, manhunt on". CNN. Consultado o 7 de xaneiro de 2015.
- ↑ "Les deux hommes criaient "Allah akbar" en tirant". L'essentiel Online.
- ↑ "Charlie Hebdo attack – latest". BBC News. 7 de xaneiro de 2015. Consultado o 7 de xaneiro de 2015.
- ↑ "Charlie Hebdo: major operation north-east of Paris in hunt for suspects – live updates". The Guardian. 9 de xaneiro de 2015.
- ↑ "EN DIRECT. Porte de Vincennes : 5 personnes retenues en otage dans une épicerie casher". leparisien.fr. 9 de xaneiro de 2015.
- ↑ "EN DIRECT – Les frères Kouachi et le tireur de Montrouge abattus simultanément". Le Figaro.
- ↑ theguardian.com
- ↑ Pech, Marie-Estelle (7 de xaneiro de 2015). "L'attentat le plus meurtrier depuis Vitry-Le-François en 1961". Le Figaro. Consultado o 7 de xaneiro 2015.
- ↑ "Charlie Hebdo will come out next week, despite bloodbath". The Times of India. 8 de xaneiro de 2015.
- ↑ Martinson, Jane; Sweney, Mark (8 de xaneiro de 2015). "Charlie Hebdo staff vow to print 1 m copies as French media support grows". The Guardian. Londres. Consultado o 8 de xaneiro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Atentado na sede de Charlie Hebdo |