Atef Salem
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de xullo de 1927 ![]() Sudán ![]() |
Morte | 30 de xullo de 2002 ![]() O Cairo, Exipto ![]() |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, guionista, assistente de direção (pt) ![]() ![]() |
Período de actividade | 1954 ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Atef Salem (árabe exipcio: عاطف سالم), nado o 23 de xullo do 1927 en Sudán e finado o 30 de xullo do 2022 no Cairo, foi un director de cine exipcio.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Os guións de moitas das súas películas foron escritos polo novelista Naguib Mahfouz.[2] As súas obras inscríbense na tradición do realismo socialista.[2] O seu filme Khan el khalili (1967) participou no 5.º Festival Internacional de Cinema de Moscova.[3]
Filmografía parcial
[editar | editar a fonte]- Serr Emra'a ("O segredo dunha muller", 1960)
- Omm el aroussa ("A nai da noiva", 1963)
- Zawga Mn Paris ("Unha esposa de París", 1966)
- Khan el khalili (1967)
- Ayn ʻaqlī ("Onde teño a cabeza?", 1974)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Atef Salem - Director, Second Unit Director or Assistant Director, Writer". IMDb (en inglés). Consultado o 2023-12-22.
- ↑ 2,0 2,1 "Salaam Biographies". www.salaam.co.uk. Consultado o 2023-12-22.[Ligazón morta]
- ↑ "1967 :: 34th Moscow International Film Festival". web.archive.org. 2013-01-16. Archived from the original on 16 de xaneiro de 2013. Consultado o 2023-12-22.