Aterínidos
Aparencia
Os Aterínidos (Atherinidae) son unha familia de peixes mariños e, porincipalmente, de río, da orde Ateriniformes (Atheriniformes). Distribúense tanto por augas temperadas como tropicais.
Características
[editar | editar a fonte]Teñen dúas aletas dorsais amplamente separadas, a primeira con espiñas flexibles e a segunda cunha espiña seguida de radios brandos, ó igual cá aleta anal; as aletas pectorais sitúanse en posición alta. Boca pequena e terminal. Carecen de liña lateral pero presentan unha banda lateral ampla de cor prateada.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Divídese en once xéneros en tres subfamilias:
- Subfamilia Atherininae:
- Xénero Atherina (Linnaeus, 1758)
- Xénero Atherinason (Whitley, 1934)
- Xénero Atherinosoma (Castelnau, 1872)
- Xénero Kestratherina (Pavlov, Ivantsoff, Last e Crowley, 1988)
- Xénero Leptatherina (Pavlov, Ivantsoff, Last e Crowley, 1988)
- Subfamilia Atherinomorinae:
- Xénero Alepidomus (Hubbs, 1944)
- Xénero Atherinomorus (Fowler, 1903)
- Xénero Hypoatherina (Schultz, 1948)
- Xénero Stenatherina (Schultz, 1948)
- Xénero Teramulus (Smith, 1965)
- Subfamilia Craterocephalinae:
- Xénero Craterocephalus (McCulloch, 1912)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Aterínidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Aterínidos |