Saltar ao contido

Atlético Mancha Real

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Atlético Mancha Real
NomeAtlético Mancha Real
Alcume(s)Manchegos
Verdes
Fundación1984
EstadioPolideportivo La Juventud,
Mancha Real, España
Capacidade1.500
PresidenteEspaña Juan de Dios Hermoso
AdestradorEspaña Rodolfo Bodipo
Liga3ª - Grupo 9
2016–1718º (2ªB - Grupo 4)
Na rede
http://www.atmanchareal.es/
Twitter: atmanchareal Editar o valor en Wikidata
Titular
Alternativo

O Atlético Mancha Real é un club de fútbol español da localidade de Mancha Real, na provincia de Xaén. Foi fundado en 1984 e actualmente xoga no grupo 9 da Terceira División Española.

Antes de que se fundase a Atlético Mancha Real no ano 1984, en Mancha Real tamén houbo diversos equipos que representaron á localidade a nivel futbolístico, o Imperio Azul foi un deles.

O 4 de agosto de 1984 rubricouse o documento notarial que fundaba oficialmente o Atlético Mancha Real como asociación deportiva. Lorenzo Araque Pareja, en calidade de presidente, Antonio José Beltrán Guzmán, como vicepresidente, Pedro Fuentes Olmo, como secretario, José Jiménez Quesada, como tesoureiro, e Diego Blanca Moreno, como vogal, formaron a primeira xunta directiva do club. Naquel entón tamén quedaron redactados os estatutos que actualmente rexen o club.

O 29 de maio de 2016 a Atlético Mancha Real consegue o primeiro ascenso a Segunda División B da súa historia tras vencer ao Zamora CF cun global de 5-1 a favor na eliminatoria de campións, tras quedar campión do grupo IX de Terceira División esa tempada.

O equipo xoga os seus partidos no Estadio Polideportivo Municipal de La Juventud, con capacidade para 1.500 espectadores. O terreo de xogo é de céspede artificial.

Datos do club

[editar | editar a fonte]
  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en 2ªB: 1 (incluída a 2016-17)
  • Tempadas en : 12

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]