Saltar ao contido

Atlantoxenados

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Atlatoxenados
Atlantogenata

Rango fósil: paleoceno - actualidade
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Placentalia
(sen clasif.): Atlantogenata
Waddell et al., 1999
Superordes e Ordes
Véxase o texto
Thomashuxleya sp. (Meridiungulata).

O dos atlantoxenados (Atlantogenata) é un clado, con categoría de magnorde para algúns autores, de mamíferos placentarios definido en 1999 por P. J. Waddell et al.[1]

Este clado comprende as superordes ou cohortes dos Xenarthra, os Afrotheria e o extinto dos Meridiungulata.

O clado orixinouse en África e Suramérica presumibelmente durante o cretáceo.

Xunto ao clado dos Boreoeutheria, conforman os Eutheria. A monofilia deste grupo está apoiada por algunhas probas xenéticas.[1][2]

Porén, hipóteses alternativas suxiren que Boreoeutheria e Afrotheria poden reunirse para formaren Epitheria (criterio apoiado por probas fisiolóxicas, anatómicas e outras), ou que Boreoeutheria e Xenarthra poderían agruparse para formaren Exafroplacentalia ou Notolegia.[3]

Clasificación

[editar | editar a fonte]

As diferentes hipóteses

[editar | editar a fonte]
Hipóteses concorrentes das relacións entre as superordes de Placentalia [2]
A B C

Relacións filoxenéticas

[editar | editar a fonte]
Placentalia  

Boreoeutheria

  Atlantogenata  

Xenarthra

Afrotheria  

  1. 1,0 1,1 P. J. Waddell, N. Okada & M. Hasegawa (1999): "Towards resolving the interordinal relationships of placental mammals". Systematic Biology 48 (1): 1-5.
  2. 2,0 2,1 Murphy, W. J.; Pringle, T. H.; Crider, T. A.; Springer, M. S. & Miller, W. (2007): "Using genomic data to unravel the root of the placental mammal phylogeny". Genome Research 17: 413–421.
  3. Wildman, Derek E.; Chen, Caoyi; Erez, Offer; Grossman, Lawrence I.; Goodman, Morris & Romero, Roberto (2006): "Evolution of the mammalian placenta revealed by phylogenetic analysis". Proceedings of the National Academy of Sciences 103 (9): 3203–3208.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]