Saltar ao contido

Atol Farquhar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaAtol Farquhar
Imaxe
TipoAtol Editar o valor en Wikidata
Parte deSeychelles Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaFarquhar Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaSeychelles Editar o valor en Wikidata
Mapa
 10°10′S 51°08′L / -10.17, 51.13
Bañado porOcéano Índico Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude23 m
84 m Editar o valor en Wikidata
Superficie8,357 km² Editar o valor en Wikidata

O atol Farquhar é parte do Grupo Farquhar nas Seychelles. De 1965 á independencia das Seychelles en 1976, foron parte do Territorio Británico do Océano Índico. A área total dos atois, incluída a gran lagoa, é de 170´5 km². A superficie terrestre é de 7´5 km².

Farquhar destácase polas súas grandes dunas de area, algunhas das cales chegan a máis de dez metros de altura. O atol atópase a uns 770 km de Mahé e é a parte máis meridional das illas Seychelles. Foi descuberto en 1501 polo navegante portugués, Joan de Novoa.

O principal grupo de illas describen unha longa curva no lado leste do atol. As máis grandes son Île du Nord e a Île du Sud, coas illas menores do Manaha entre elas. Máis ao sur están as Goelettes. Para o lado oeste do atol atópase o pequeno grupo coñecido como Trois Îles. O atol consta de:

  • Île du Nord.
  • Île du Sud.
  • Manaha Îles.
    • Manaha Nord.
    • Manaha Milieu.
    • Manaha Sud.
  • Goelettes.
  • Trois Îles.
    • Lapin.
    • Île de Milieu.
    • Depose.
  • Bancs de Sable.

Hai un pequeno asentamento na Île du Nord (Illa do Norte).

Mapa.